Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Excursións para grupos

En Galician Roots sabemos que organizar unha viaxe en grupo pode ser complexo así que tamén ofertamos un servizo de excursión a medida para grupos. Estas excursións elaboraranse para un mínimo de 10 persoas e tamén para grupos de terceira idade, xuventude, concellos, asociacións culturais, AMPAS e máis colectivos.

Encargámonos de planificar toda a vosa viaxe a nivel nacional dende o transporte ata o aloxamento e o ocio. O noso obxectivo é garantirvos unha viaxe cómoda e de calidade onde só teredes que preocuparvos de gozar, nós ocupámonos do resto.

Só tedes que contactar con nós utilizando os nosos formularios de contacto ou chamándonos por teléfono indicándonos as datas nas que desexades realizar a viaxe e facilitarémosche un presuposto sen compromiso.

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.