Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Preguntas frecuentes

Na nosa sección de preguntas frecuentes atoparás respostas a varias dúbidas sobre o funcionamento da nosa páxina. Se non atopas a resposta axeitada non dubides en poñerte en contacto co noso servizo de atención ao cliente ao seguinte correo info@galicianroots.com ou chamando ao 622281658.

1

Quen somos?

Galician Roots é unha axencia de viaxes adicada exclusivamente a Galicia, énchenos de orgullo poder dicir que coñecemos a nosa terra e estamos encantados de poder compartir a nosa cultura e as nosas paisaxes contigo. Ofrecemos diversos viaxes para poder coñecer e descubrir Galicia, cada un deles foi realizado e revisado por nós co fin de ofrecerche os mellores servizos e a mellor calidade. Tratamos directamente cos nosos hoteis e provedores, revisando todos os detalles para que a túa estancia se converta nunha gran experiencia. Ser unha axencia pequena permítenos coidar e atender as necesidades dos nosos viaxeiros con máis atención, sabemos o importante que son as túas vacacións e o esperadas que son estas datas por iso desexamos sexan unha experiencia marabillosa.

2

Como poñerse en contacto con Galician Roots?

Podes contactarnos a través do seguinte teléfono 622281658 ou enviándonos un correo a info@galicianroots.com, responderémosche nun prazo máximo de 48 horas festivos excluídos.

3

Como comprar un paquete turístico do Camiño de Santiago?

No menú despregable do apartado Camiño de Santiago encontrarás “Paquetes Camiño de Santiago” nesta sección están as nosas ofertas do Camiño entre os cales existen paquetes con todo incluído. Estes viaxes permitiranche gozar o Camiño sen complicacións xa que ofrecen a posibilidade de facer o viaxe con todas as comodidades e moitos extras incluídos. Unha vez seleccionado o viaxe que desexas reservar poderás elixir a data que máis che conveña, pedirémosche que te rexistres para poder efectuar a reserva. Cando esteas rexistrado e confirmes a túa pre-reserva remitirémosche nun prazo máximo de 48 horas unhas instrucións de pago, en caso de non estar dispoñible o viaxe para as datas desexadas remitirémosche unha alternativa.

Os nosos paquetes turísticos páganse en 2 cómodos prazos, un 25% do prezo do viaxe o realizar a reserva e o 75% restante 45 días antes da data da viaxe. Poderás pagar mediante distintos métodos de pago, consulta a pregunta ó respecto nesta mesma sección. Unha vez efectuado o primeiro pago unha confirmación de reserva serache enviada o teu correo. O noso sistema enviarache un email recordatorio a semana anterior o pago do segundo prazo, lembra que de non efectuarse dito pago a reserva quedaría cancelada.

No caso en que a reserva do viaxe se efectúe nun prazo inferior a 45 días antes da data de inicio do viaxe o importe íntegro do viaxe serache cobrado no momento de efectuar a reserva.

4

Como fago para saber onde están situados os aloxamentos que reservei?

Os aloxamentos cos que traballamos soen estar situados moi preto do Camiño , algúns a uns pasos da ruta xacobea e outros a uns poucos minutos a pé. No caso do tour RURAL gran parte dos aloxamentos cos que traballamos están situados en zonas rurais máis apartadas do Camiño, no caso en que os aloxamentos se atopen a unha distancia de máis de 3 kms incluímos o traslado de ida e volta ata os aloxamentos para facilitar o acceso aos nosos clientes, estes traslados están incluídos no prezo da viaxe e detallaranse no caderno de viaxe enviado ao cliente unha vez finalizado o pago total da viaxe.

5

Que información inclúe o caderno de viaxe e cando o recibirei?

Ao completar o pago total da túa reserva recibirás unha confirmación de reserva e enviarémosche ademáis un caderno de viaxe en formato pdf á dirección de correo electrónico que nos facilitaches á hora de efectuar a reserva. O caderno de viaxe inclúe unha descrición da ruta e un mapa coas direccións de todos os teus aloxamentos. Todos os servizos e traslados incluídos están indicados neste caderno.

6

Facedes viaxes personalizados a Galicia?

Organizamos viaxes personalizados para grupos para visitar e descubrir Galicia. Contacta con nós por e-mail ou por teléfono e organizaremos unha viaxe segundo as túas preferencias e presuposto.

7

Que métodos de pago acepta esta páxina?

Para os pagos efectuados dentro da Unión Europea aceptamos 3 métodos de pago, con tarxeta de débito ou crédito, con PayPal e por transferencia bancaria. Os pagos efectuados fóra da UE só poderán ser tramitados con tarxeta de débito ou crédito e PayPal.

As tarxetas de débito e crédito aceptadas son Visa e MasterCard, para pagar con este tipo de tarxetas necesitarás un código de seguridade facilitado polo teu banco, este tipo de códigos aseguran unha transacción totalmente fiable e rápida. O empregar este método de pago unha taxa de 1,2% será aplicada ó efectuar o pago.

Tamén poderás realizar o teu pago empregando a túa conta Paypal de xeito totalmente segura, un recargo será aplicado ó realizar esta transacción. Só terás que indicarnos desde que país realizas o pago e aplicaremos a taxa indicada para ese país. Ditos recargo realizados á hora de utilizar tanto o pago con tarxetas como Paypal están impostos polos provedores do pago para a utilización do seu servizo.

Se pertences a un país da UE poderás tamén pagar a través de transferencia bancaria, este tipo de pago non che suporá ningunha tarifa adicional, tendo en conta que os prazos poden ser máis lentos deixaremos un marxe de 5 días hábiles para recibir dita transacción e confirmar a túa reserva, no caso de non recibir a transacción poñerémonos en contacto contigo para notificarcho e a túa reserva quedaría cancelada. 

8

É posíbel cancelar o viaxe?

Poderás cancelar a túa viaxe poñéndote en contacto co noso servizo de atención ó cliente por teléfono ou e-mail.

No caso dos paquetes turísticos poderás cancelar a túa reserva segundo as seguintes condicións:

- con máis de 60 días de antelación a data do viaxe o importe serache devolto integramente

- entre 60 e 45 días antes da viaxe descontarase un 30% do importe total deste

- entre 45 e 30 días antes da viaxe descontarase un 50% do importe total deste

- entre 30 e 25 días antes da viaxe descontarase un 70% da viaxe

- nos 14 días antes da viaxe o importe non se devolverá.

Non nos facemos responsables dos gastos de devolución en caso de que os houbese, por exemplo pagamento dunha transferencia bancaria ou cargos de envío de diñeiro a través de PayPal, estes cargos correrán por conta do cliente.

9

É posibel cambiar o titular da viaxe?

Podes cambiar o titular da viaxe de xeito totalmente de balde ata unha semana antes do inicio da viaxe. Para elo deberás enviar un e-mail o noso servizo de atención o cliente. Remitirémosche os datos que precisemos que nos facilites para poder enviar a nova confirmación de reserva, estes datos inclúen entre outros o novo nome do pasaxeiro, o seu número de pasaporte ou DNI, dirección, teléfono, correo electrónico.

10

Os prezos da páxina inclúen o IVE?

Os prezos indicados na nosa páxina inclúen o IVE vixente en España, o 21%.

11

Como obter a factura da túa viaxe?

Se precisas factura só tes que ir o apartado de “Reservas e facturas”, seleccionando a reserva que desexes segregarase a reserva e abaixo aparecerá un botón de “gardar en PDF”. Neste documento que se descargará no teu ordenador aparecerán todos os datos de facturación.

A nosa empresa está suxeita o réxime especial de IVE das axencias de viaxes polo que este non aparece segregado, se precisas unha factura onde conste este desglose non dubides en contactarnos por teléfono ou e-mail.

12

Esqueciches o teu contrasinal?

Se non lembras o teu contrasinal poderás recuperalo clicando en "Esqueciches o teu contrasinal?" no panel de identificación de usuario situado no menú. Un recordatorio do teu contrasinal será enviado o correo que nos facilitaches.

13

Como cambiar os teus datos persoais e contrasinais?

Para cambiar os teus datos persoais ou contrasinal deberás identificarte no panel situado no menú da páxina, unha vez rexistrado aparecerá un pequeno menú debaixo do teu nome de usuario onde poderás acceder os teus datos persoais e contrasinal. Unha vez seleccionado o campo que desexes modificar deberás encher uns campos para poder efectuar dita modificación.

14

Que uso fai Galician Roots dos teus datos persoais ?

Conforme o disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), Galician Roots infórmache que é titular e responsable dunha serie de ficheiros inscritos no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos, na cal se recollerá a información de carácter persoal subministrada polos seus usuarios adoptando todas as medidas de seguridade requiridas legalmente para a protección da intimidade dos seus usuarios. Para máis información consulta o noso apartado de información legal.

15

É difícil facer o Camiño de Santiago?

O Camiño de Santiago é unha ruta de subidas e pendentes pouco pronunciadas, algúns tramos son máis complexos que outros pero moita xente faino cada ano sen problemas. As etapas soen ser de uns 23-25kms aínda que outras máis curtas no medio do Camiño fano máis levadeiro. Facendo as pausas necesarias e bebendo auga suficiente resultará sinxelo.

16

Que equipamento é recomendable levar para facer o Camiño de Santiago?

Recomendámosche que traias calzado de trekking, é o máis importante a hora de emprender o Camiño xa que terás que camiñar cada día, unhas botas lixeiras que sexan cómodas son recomendables, si é no verán tamén podes traer unhas sandalias de trekking pero como o tempo en Galicia é imprevisible aconsellámoste que tamén teñas un calzado de reposto. Non esquezas traer roupa lixeira e cómoda e un chuvasqueiro xa que soe chover.

17

É precisa algunha preparación física para facer o Camiño de Santiago?

Non é preciso pero si recomendable, si non estás acostumado a andar aconsellámoste que te exercites un pouco antes de realizar a viaxe, sal a camiñar as semanas anteriores e así serache máis sinxelo durante as etapas.

18

Como funciona o transporte de equipaxe?

O transporte de equipaxe permitirache facer o Camiño de xeito máis tranquilo xa que non terás que cargar co peso durante as etapas e sempre que chegues o teu horel encontrarás a túa maleta alí. Recolleremos a túa maleta cada mañá no teu hotel e esta será trasladada ó seguinte aloxamento.

19

Ofrecedes menús para vexetarianos?

Si es vexetariano non te preocupes, en Galician Roots tamén pensamos niso, si reservas un menú nalgún dos nosos restaurantes non tes máis que avisarnos con antelación para preparar un menú adaptado.

20

Ofrecedes traslados dende o aeroporto?

Temos un servizo de traslados dispoñible individualmente ou para grupos para poder levarte dende o aeroporto de Santiago ata o Cebreiro ou Sarria. En caso de que precises un traslado dende un aeroporto diferente non dubides en contactarnos, encargarémonos de organizalo sen problema.

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.