Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Información legal

A presente información legal establece as condicións de uso do sitio web www.galicianroots.com e www.galicianroot.es que GALICIAN ROOTS S.C. (en adiante Galician Roots) con domicilio social en Avenida de Toques e Friol 82, 2A, 15800 Melide, A Coruña, Axencia de Viaxes Minorista e CIF J70358445, teléfono de contacto 622281658 e dirección de correo electrónico info@galicianroots.com pon á disposición dos usuarios.

O Usuario declara que é maior de idade (é dicir maior de 18 anos) e ten a capacidade legal para adquirir os servizos ofrecidos a través da web conforme as presentes condicións do uso, que comprende e entende a súa totalidade. No caso de contratación por parte dun menor de idade, Galician Roots non será en ningún caso responsable debendo asumir o menor, os pais ou titores os gastos que elo puidera ocasionar.

Acceso e uso do contrasinal do Usuario

O rexistrarse na nosa web o Usuario disporá de un nome de usuario (o seu e-mail) e unha contrasinal elixida por el mesmo e que posteriormente comunicaráselle por e-mail.

O Usuario é responsable de custodiar e tratar de xeito confidencial á contrasinal, evitando o acceso con ela a terceiras persoas non autorizadas. O Usuario acepta facerse responsable das consecuencias económicas derivadas de calqueira utilización da web que se produzca mediante o uso do contrasinal do Usuario proporcionada por Galician Roots, así como pola utilización dos contrasinais do Usuario a terceiros.

Así mesmo o Usuario declara que toda a información subministrada por el para o acceso á web e durante a utilización das mesmas, é verdadeira, completa e precisa e comprométese a mantela actualizada nos sucesivos usos que poida facer dos servizos ofrecidos pola nosa páxina.

Adquisición de produtos e servizos

A través da nosa web, o Usuario ten acceso á información sobre produtos e servizos relacionados co turismo e os viaxes e poderá realizar reservas e compras de estes produtos a Galician Roots.

A venta ó Usuario de ditos productos e servizos turísticos a través da páxina web levarase a cabo por Galician Roots, axencia de viaxes que dispón dos permisos e licenzas precisas para o desenrolo da súa actividade.

O Usuario consinte en aceptar e respectar os termos e condicións da compra que establece Galician Roots, incluíndo o pago de calquera importe devengados e o cumprimento de calquera das normas e restricións acerca da dispoñibilidade de tarifas, produtos ou servizos.

Todas as reservas que se efectúen na nosa páxina web quedan gravadas e por tanto arquivadas de xeito automático no noso sistema. Proba de elo é a páxina de confirmación da reserva, onde se indica automaticamente ó cliente o número de reserva ó localizador da mesma así como todos os datos da mesma. O sistema envía automaticamente ó correo electrónico do cliente a información da súa reserva xunto co seu número de localizador e todas as indicacións sobre a forma de pago e envío da documentación da súa viaxe. Tamén se lles indica sempre un teléfono de contacto para resolver calquera dúbida ou consulta.

Formalización de reservas e pagos na páxina web

O Usuario comprométese a abonar os servizos ou produtos contratados mediante a utilización de algúns dos seguintes medios de pago que se detallarán na páxina de pago:
• tarxeta de Débito ou Crédito (Visa ou MasterCard)
• pago por Paypal
• pago por transferencia bancaria con un prazo de 4 días hábiles para recibir dita transacción.

Unha taxa será aplicada segundo o método de pago elixido:
• para tarxetas de débito e crédito unha taxa de 1,10%
• para pagos por Paypal unha taxa de 3,8% +0,35€
• as transferencias bancarias son totalmente de balde.

A compra de calquera produto só será efectiva no intre en que Galician Roots realice o cargo do importe total da viaxe de xeito válido na tarxeta de crédito ou débito proporcionada polo Usuario, ou se reciba a transferencia e o xustificante desta.

O feito de solicitar unha reserva implica o compromiso por parte do cliente de autorizar o cargo na tarxeta de crédito/débito que proporciona. No caso de que non fose posible realizar o cargo na tarxeta (cargo rexeitado) o Usuario acepta que Galician Roots non emitirá a reserva efectuada.

As viaxes a medida cobraranse unha vez confirmada a súa pre-reserva a través dun e-mail que lle será enviado co importe a pagar mediante os distintos métodos de pago desgrosados anteriormente. Unha vez efectuado o pago o cliente recibirá unha confirmación de reserva o seu correo electrónico. En dita confirmación seralle indicado o número da súa reserva ou localizador cos detalles dos servizos adquiridos. Toda as reservas que se efectúan na nosa páxina web quedan gravadas e por tanto arquivadas de xeito automático no noso sistema, así mesmo o cliente poderá consultar todas as súas reservas accedendo a súa conta de usuario na nosa páxina  no apartado de reservas e facturas. No caso de pagar por transferencia bancaria a confirmación de reserva será remitida unha vez recibido o pago na entidade bancaria, dito prazo é de 4 días laborables. No caso de non recibir o pago a reserva quedará cancelada e será notificado por e-mail.

As reservas de paquetes turísticos serán cobradas en dous cómodos prazos, un primeiro prazo no momento de efectuar a reserva aboando un 25% do prezo total da viaxe, para poder formalizar a reserva, e un segundo prazo 45 días antes da data de inicio da viaxe no que aboará o 75% restante do prezo total. Galcian Roots enviará un e-mail recordatorio ó cliente unha semana antes de que finalice o segundo prazo para que este dispoña de antelación suficiente ó fin de realizar o último pagamento. No caso de non efectuarse dito pago a reserva quedará cancelada e o primeiro importe da reserva non será devolto. No caso de efectuar unha reserva de paquete turístico nun prazo inferior a 45 días antes da data de inicio da viaxe cobraráselle o cliente o importe integro da viaxe no momento de efectuar a reserva.

Por motivos de calidade e organización Galician Roots non aceptará reservas con menos de dúas semanas de antelación o inicio de unha viaxe.

Política de cancelacións e modificacións en reservas

O cliente poderá cancelar a súa viaxe contactando cos nosos servizos de atención ó cliente por teléfono ou e-mail.

No caso dos paquetes turísticos o cliente poderá cancelar a súa reserva segundo as seguintes condicións:
• si a cancelación se efectúase con máis de 60 días de antelación a data da viaxe o importe será devolto integramente ó cliente.
• si a cancelación se efectúase entre 60 e 45 días antes da viaxe descontarase un 30% do importe total de este
• entre 45 e 30 días  antes da viaxe descontarase un 50% do importe total deste
• entre 30 e 15 días antes da viaxe descontarase un 70% da viaxe
• nos 14 días antes da viaxe o importe non será devolto.

Non nos facemos responsables dos gastos de devolución en caso de que os houbese, por exemplo pagamento dunha transferencia bancaria ou cargos de envío de diñeiro a través de PayPal, estes cargos correrán por conta do cliente.
    
Están permitidos efectuar cambios de datas e de titular nas reservas de viaxes. Os cambios de titular deberán ser notificados a través do correo electrónico ou o número de atención ó cliente de Galician Roots cunha antelación mínima de 1 semana antes da viaxe e non xerará gasto algún.

Para os cambios de datas, en caso de paquetes turísticos estas poderán modidficarse ata 1 mes antes da data, sempre e cando existan datas dispoñibles para o mesmo viaxe. Remitiremos o cliente por correo electrónico as datas dispoñibles para a mesma viaxe na que se poderá efectuar o cambio. O cliente debe ter en conta que en estes casos a antelación coa que se notifique a modificación será primordial para poder ofrecerlle datas alternativas. No caso de non dispoñer de datas para a súa recolocación o cliente poderá cancelar a súa viaxe tendo en conta as cotas e data previstas no apartado de cancelación ou ben poderá ser recolocado en datas futuras de novos paquetes.

Para os cambios de datas en viaxes feitos a medida do Camiño de Santiago, o cliente poderá efectuar modificacións de datas ata un mes antes da data sempre e cando estas estean dispoñibles. As modificacións de data en calquera das viaxes seleccionadas terán un custo de 30€, en caso de contratar servizos extra a maiores estes serán cobrados co prezo estipulado na nosa páxina web. O cliente debe ter presente que certos cambios como por exemplo o aloxamento en datas sinaladas e épocas vacacionais serán difíciles e a antelación coa que se realicen os cambios será vinculante para asegurar algúns dos servizos contratados.

Tamén poderá modificar a cantidade de servizos contratados, en caso por exemplo de precisar noites de aloxamento extra o servizo ou servizos extra todo elo poderá ser modificado notificándonos os cambios a realizar por teléfono ou por e-mail neste caso tamén a antelación coa que se notifiquen ditos cambios será primordial para poder realizalos. En caso de poder efectuar as modificacións desexadas seralle remitida unha nova pre-reserva ó correo onde aparecerá o importe a aboar, unha vez efectuado o pago seralle remitida unha nova confirmación de reserva cos novos datos desta.

Se non houbese dispoñibilidade para os cambios solicitados o cliente será notificado por e-mail e en caso de ser posibel ofrecerémoslle alternativas, en caso de non convirlle ou non poder realizarse poderá cancelar a súa viaxe segundo a nosa política de cancelacións.

Dereitos de autor, marcas rexistradas, software

Todos os contidos de galicianroots.com e galicianroots.es, incluíndo gráficos, logotipos, iconos, botóns, imaxes e software son propiedade de Galician Roots e están protexidos polas normas nacionais de propiedade industrial e intelectual.

Queda terminantemente prohibido calquera outro uso do contido ou fotografías da páxina web, incluídas a reproducción,  modificacións, distribución, transmisión, posterior publicación, exhibición ou representación total ou parcial do mesmo sen consentimento expreso de Galician Roots.

Galician Roots, galicianroots.com, galicianroots.es e demais gráficos e logotipos son marcas protexidas por Galician Roots en España.

Xurisdición

A presente información Legal e Condicións Xerais estarán sometidas a lexislación española. Serán competentes para coñecer de calquera litixio que se derive das condicións, os tribunais de Santiago de Compostela (España) con renuncia a calquera outro foro que puidera corresponder a parte Demandante.

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.