Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Acerca de Galician Roots

A mellor maneira de descubrir Galicia é facelo con galegos. Aínda que esta frase soe moi obvia moi poucas axencias que traballan actualmente en Galicia nin tan sequera están situadas aquí.

Galician Roots é unha axencia de viaxes adicada exclusivamente a Galicia, enorgullécenos poder dicir que coñecemos a nosa terra e estamos encantados de poder compartir a nosa cultura e as nosas paisaxes contigo. Viaxamos o longo da nosa vida, este feito fíxonos darnos de conta do descoñecida que resulta a nosa terra para moitos viaxeiros. Dende Galician Roots queremos amosarche os nosos costumes, natureza, gastronomía e cultura da mellor maneira posible acompañándote o longo da viaxe.

Cada unha das viaxes ofertadas na nosa páxina foi realizada e revisada por nós co fin de ofrecer os mellores servizos e a mellor calidade. Tratamos directamente cos nosos hoteis e provedores, revisando todos os detalles para que a túa estancia se converta nunha gran experiencia. Ser unha pequena axencia permítenos coidar e atender as necesidades dos nosos viaxeiros con máis atención, sabemos o importante que son as túas vacacións e o esperadas que son estas datas por iso, desexamos que sexan unha experiencia marabillosa.

Dende Galician Roots desexámosche unha feliz viaxe!

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.