Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

O Camiño dende O Cebreiro ata Santiago

  • El Camino de Santiago desde O Cebreiro Galician Roots
  • El Camino de Santiago desde O Cebreiro Galician Roots
  • El Camino de Santiago desde O Cebreiro Galician Roots
  • El Camino de Santiago desde O Cebreiro Galician Roots

DENDE O CEBREIRO ATA SANTIAGO

Descubre a parte galega do Camiño de Santiago dende o Cebreiro ata Santiago. Esta é unha das rutas de máis éxito para internarse no universo do Camiño xa que pode facerse comodamente en 9 días e permitirache ter unha preciosa panorámica da zoa, os costumes e o pobo galego.
Para a túa máxima comodidade Galician Roots proponche efectuar este percorrido con aloxamento e asistencia en viaxe.

INCLÚE

- 9 días / 8 noites en hoteis e pensións
- Almorzos
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
- Credencial do peregrino
- Asistencia en viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

PREZO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 595€

SUPLEMENTO MEDIA PENSIÓN: 110€ (non inclúe cea en Santiago)

ITINERARIO

Día1
O Cebreiro
Chegarás ao Cebreiro onde pasarás a noite para comezar o día seguinte coa primeira etapa deste tramo.

Día 2
O Cebreiro Triacastrela  22,4 kms
Comezarás o Camiño na pequena aldea do Cebreiro. Situada a uns 1200m de altura terás unhas vistas inmellorables a un dos paisaxes máis aclamados, a serra do Courel. Subirás ata o Alto do Poio, no punto máis alto do Camiño en Galicia a 1335m para logo descender gradualmente ata Triacastrela. Aínda que parte do tramo discorre preto a estrada as vistas son do máis impresionantes que ofrece o Camiño. Pasarás a noite en Triacastrela.

Día 3
Triacastela  Sarria 25,3kms
Existen dúas rutas para chegar ata Sarria pero aconsellámoste que elixas a que pasa por Samos, aínda que é máis longa o mosteiro merece un alto no camiño para poder visitalo. Para tomar este itinerario terás que seguir a estrada o sur en dirección a San Cristovo do Real, estará indicado por frechas amarelas. Despois de uns kilómetros bordeando a estrada o traxecto internarase nun bosque para cruzar logo varios pobos. Descansarás en Sarria, un dos epicentros do Camiño.

Día 4
Sarria  Portomarín 24kms
Nesta etapa comezan os últimos 100kms a Santiago. Despois de cruzar Sarria e seguir o seu sendeiro arborado afrontarás a primeira subida do día ata chegar a Barbadelo. Seguirás pasando por varios pobos con vistas ós verdes prados ata baixar por un sendeiro pedregoso para finalmente alcanzar Portomarín cruzando a ponte con vistas o Río Miño. Pasarás a noite en Portomarín.

Día 5
Portomarín – Palas de Rei 25kms
A etapa de hoxe levarate primeiro a cruzar un bosque de pinos e despois bordeando a estrada varias aldeas, entre as que compre destacar Castromaior onde se encontran os restos dun castro prerromano. Antes de chegar a Ligonde atoparás o Cruceiro de Lameiros, un dos máis coñecidos do Camiño. Despois de cruzar a Serra de Ligonde chegarás ata Palas de Rei onde poderás visitar a igrexa de San Tirso. Durmirás en Palas de Rei.

Día 6
Palas de Rei  Arzúa 29kms
Esta etapa é a máis longa pero pasarás por varios pobos de interese. Encontraraste coa aldea de Furelos, a súa ponte medieval e as súas casas de pedra ata chegar a Melide. Unha vez alí si o desexas poderás visitar o Museo da Terra de Melide e a súa igrexa. Tras pasar por un bosque de eucaliptos cruzarás o paso empedrado do Río Catasol, un dos máis coñecidos e fotografados do Camiño. A nosa ruta segue por bosques e pistas preto as pequenas aldeas rurais. Chegarás a Arzúa onde poderás degustar os produtos típicos desta zoa como son o queixo de Arzúa-Ulloa con denominación de orixe, xamón, empanada galega e máis variedades de embutidos da zoa. Esta noite descansarás en Arzúa.

Día 7
Arzúa Pedrouzo 19kms
Esta penúltima etapa caracterízase por pendentes sinxelas poboadas de sendeiros atravesando prados e arroios sen perder de vista a estrada. Tamén cruzarás varios bosques de eucaliptos típicos da zoa. Antes de chegar a Pedrouzo poderás visitar a ermida de Santa Irene datada da idade media. Descansarás en Pedrouzo.

Día 8
Pedrouzo  Santiago 20kms
A túa última etapa ata chegar a Santiago farate subir ata o Monte do Gozo dende onde terás unha panorámica da Catedral antes de seguir o teu percorrido por chan urbano. Pasarás por varias urbanizacións antes de chegar o casco antigo da cidade e por fin a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago enfronte. Esta ruta permitirache solicitar a Compostela na oficina do peregrino. Pasarás a noite en Santiago.

Día 9
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e se o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada días ás 12h.

Se o desexas tamén podes contratar un seguro de viaxe con nós por 23€ (IVE incluído) para os 7 días de viaxe. Baixo previa contratación ofrecémosche tamén visitar as distintas cidades galegas (Santiago, Lugo, Coruña e Ourense) ou trasladarte o aeroporto para retomar o teu voo de volta.
O transporte de equipaxe inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona.

Dende 490.00
Dende 490.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.