Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Os últimos 100 kms do Camiño ESSENTIAL

  • El Camino de Santiago ESSENTIAL Galician Roots
  • El Camino de Santiago ESSENTIAL Galician Roots
  • El Camino de Santiago ESSENTIAL Galician Roots
  • El Camino de Santiago ESSENTIAL Galician Roots

OS ÚLTIMOS 100KMS ESSENTIAL

Goza do tramo máis concorrido do Camiño de Santiago, este percorrido de 7 días será un bo aperitivo para familiarizarse cunha das rutas de sendeirismo máis famosas da historia. En apenas unha semana poderás gozar das verdes paisaxes, a gastronomía e a hospitalidade de Galicia.
Galician Roots proponche efectuar este percorrido con tódolos servizos necesarios para que disfrutes da ruta.

INCLÚE

- 7 días / 6 noites en hoteis e pensións
- Almorzos
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
- Credencial do peregrino
- Seguro e asistencia en viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

PREZO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 505€

SUPLEMENTO MEDIA PENSIÓN: 90€ (non inclúe cea en Santiago)

ITINERARIO

Día 1
Sarria
Chegarás a Sarria onde pasarás a noite para comezar o día seguinte coa primeira etapa deste tramo.

Día 2
Sarria  Portomarín 24kms
Nesta etapa comezan os últimos 100kms a Santiago. Despois de cruzar Sarria e seguir o seu sendeiro arborado afrontarás a primeira subida do día ata chegar a Barbadelo. Seguirás pasando por varios pobos con vistas ós verdes prados ata baixar por un sendeiro pedregoso para finalmente alcanzar Portomarín cruzando a ponte con vistas o Río Miño. Pasarás a noite en Portomarín.

Día 3
Portomarín – Palas de Rei 25kms
A etapa de hoxe levarate primeiro a cruzar un bosque de pinos e despois bordeando a estrada varias aldeas, entre as que compre destacar Castromaior onde se encontran os restos dun castro prerromano. Antes de chegar a Ligonde atoparás o Cruceiro de Lameiros, un dos máis coñecidos do Camiño. Despois de cruzar a Serra de Ligonde chegarás ata Palas de Rei onde poderás visitar a igrexa de San Tirso. Durmirás en Palas de Rei.

Día 4
Palas de Rei  Arzúa 29kms
Esta etapa é a máis longa pero pasarás por varios pobos de interese. Encontraraste coa aldea de Furelos, a súa ponte medieval e as súas casas de pedra ata chegar a Melide. Unha vez alí si o desexas poderás visitar o Museo da Terra de Melide e a súa igrexa. Tras pasar por un bosque de eucaliptos cruzarás o paso empedrado do Río Catasol, un dos máis coñecidos e fotografados do Camiño. A nosa ruta segue por bosques e pistas preto as pequenas aldeas rurais. Chegarás a Arzúa onde poderás degustar os produtos típicos desta zoa como son o queixo de Arzúa-Ulloa con denominación de orixe, xamón, empanada galega e máis variedades de embutidos da zoa. Esta noite descansarás en Arzúa.

Día 5
Arzúa Pedrouzo 19kms
Esta penúltima etapa caracterízase por pendentes sinxelas poboadas de sendeiros atravesando prados e arroios sen perder de vista a estrada. Tamén cruzarás varios bosques de eucaliptos típicos da zoa. Antes de chegar a Pedrouzo poderás visitar a ermida de Santa Irene datada da idade media. Descansarás en Pedrouzo.

Día 6
Pedrouzo  Santiago 20kms
A túa última etapa ata chegar a Santiago farate subir ata o Monte do Gozo dende onde terás unha panorámica da Catedral antes de seguir o teu percorrido por chan urbano. Pasarás por varias urbanizacións antes de chegar o casco antigo da cidade e por fin a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago enfronte. Esta ruta permitirache solicitar a Compostela na oficina do peregrino. Pasarás a noite en Santiago.

Día 7
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e se o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada días ás 12h.

Se o desexas tamén podes contratar un seguro de viaxe con nós dende 16€ (IVE incluído) para os 7 días de viaxe. Baixo previa contratación ofrecémosche tamén visitar as distintas cidades galegas (Santiago, Lugo, Coruña e Ourense) ou trasladarte o aeroporto para retomar o teu voo de volta. 
O transporte de equipaxe inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona. Se desexa engadir máis equipaxe non dubide en contactarnos.

Dende 405.00
Dende 405.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.