Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Os últimos 100 kms do Camiño VIP

  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • VIP
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots
  • Los últimos 100kms del Camino de Santiago VIP Galician Roots

Dende Galician Roots ofrecémosvos realizar os últimos 100kms do Camiño, dende Sarria ata Santiago, da forma máis completa e cómoda. Aloxamento en hoteis con encanto, pazos e casas rurais en pensión completa, con guía, coche de apoio, seguro, asistencia en viaxe e moito máis.
Completando estas etapas poderás solicitar a Compostela na oficina do peregrino en Santiago.

As fotos mostradas dos aloxamentos son reais, os establecementos foron inspeccionados e seleccionados por nós, en caso de non ter dispoñibilidade para as datas seleccionadas notificaríamoscho antes e serías aloxado en aloxamentos da mesma categoría.

INCLÚE

- 8 días / 7 noites en casas rurais, pazos e hoteis con encanto
- Almorzos, comidas e ceas con bebidas e sobremesa
- Espectáculo de música tradicional de Galicia con queimada durante unha das ceas
- Guía de fala inglés e español
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
- Credencial do peregrino
- Traslado de Santiago aeroporto a Sarria
- Traslado dende o noso aloxamento ata o punto inicial de cada etapa
- Tratamento en balneario con masaxes, peeling, chorros e máis
- Degustación de produtos típicos da zoa
- Visita a Santiago de Compostela
- Seguro e asistencia en viaxe
- IVE

ITINERARIO

Día 1
Santiago – Sarria
Recollémoste no aeroporto de Santiago para trasladarte despois a nosa casa rural en Sarria. Unha vez alí faremos unha pequena presentación de todos os participantes con copa de viño de benvida. Desglosaremos o itinerario e as distintas etapas e despois cearemos no hotel e descansaremos para comezar o Camiño o día seguinte.

Día 2
Sarria – Portomarín 24kms
Despois do almorzo faremos uns estiramentos para prepararnos e empezar a nosa ruta. O percorrido de hoxe adiantará as paisaxes que descubriremos o longo do noso itinerario, unha vez saídos da cidade empezaremos a percorrer o Camiño baixo multitude de castaños e carballos pasando por varias aldeas, ata chegar a Portomarín onde cruzaremos a ponte con vistas o río Miño.
Cearemos e descansaremos na nosa casa rural situada en Palas de Rei.

Día 3
Portomarín Palas de Rei 25kms
A etapa de hoxe levaranos primeiro a cruzar un bosque de pinos e despois varías aldeas, entre as que cabe destacar Castromaior onde se encontran os restos dun castro prerromano. Despois de cruzar a Serra de Ligonde chagaremos ata Palas de Rei onde poderemos visitar a igrexa de San Tirso.
Para rematar o día con relaxación iremos o balneario de Pambre para unha sesión de posta a punto. Finalmente trasladarémonos de novo a descansar a nosa casa en Palas de Rei.

Dia 4
Palas de Rei Melide 15kms
Chegados á metade da nosa viaxe faremos unha etapa máis corta ata Melide. Pasaremos antes pola aldea de Furelos cruzando a súa ponte medieval e as súas casas de pedra ata chegar o noso destino. En Melide visitaremos o Museo da Terra de Melide e a igrexa. Unha cea con produtos galegos amenizada con música tradicional, gaita galega, e unha queimada finalizarán a noite. Descansaremos nunha casa rural situada nas cercanías de Melide.

Día 5
Melide – Arzúa 16kms
Tras pasar por un bosque de eucaliptos cruzaremos o paso empedrado do Río Catasol, un dos máis coñecidos e fotografados no Camiño. Esta etapa mestura camiños polo bosque e pistas preto ás pequenas aldeas rurais. Chegados a Arzúa – Ulloa faremos unha degustación de produtos típicos como son o queixo de Arzúa- Ulloa- con denominación de orixe- xamón- empanada galega e máis variedade de embutidos da zoa. Hoxe descansaremos de novo preto de Melide. (Pazo Eidián- Melide)

Día 6
Arzúa Pedrouzo 19kms
Esta penúltima etapa caracterízase por pendentes sinxelas poboadas de sendeiros atravesando prados e arroios sen perder de vista a estrada. Tamén cruzarás varios bosques de eucaliptos típicos da zoa. Antes de chegar a Pedrouzo poderemos visitar a ermida de Santa Irene datada da idade media. Cearemos e descansaremos en Pedrouzo.

Día 7
Pedrouzo  Santiago 20kms
A nosa última etapa ata chegar a Santiago faranos subir ata o Monte do Gozo dende onde teremos unha panorámica da Catedral antes de seguir o noso percorrido por chan urbano. Cruzaremos varias urbanizacións antes de chegar o casco antigo da cidade e por fin a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago enfronte nosa. Aqueles que o desexen poderán solicitar a Compostela na oficina do peregrino. Pasaremos a noite en Santiago.

Día 8
Santiago
Despois do almorzo reunirémonos para ir a visitar a catedral e os lugares máis emblemáticos da cidade. Opcionalmente aqueles que queiran poderán asistir a misa do peregrino oficiada as 12 horas.

 

QUE NOS GUSTA DESTA VIAXE

Descobre o Camiño de Santiago do xeito máis exclusivo, goza de aloxamentos de alta calidade, degusta os produtos máis emblemáticos e gustosos da zoa e deléitate coa música tradicional desta zoa tan acolledora. Todo o que poidas esperar e máis nesta asombrosa viaxe polas paisaxes galegas.

Posibilidade de ir a Fisterra e visitar as principais cidades galegas.
O transporte de equipaxe inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona. Se desexa engadir máis equipaxe non dubide en contactarnos.

Dende 1790.00
Dende 1790.00

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.