Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

O Camiño Portugués

  • Camino Portugués Galician Roots
  • Camino Portugués Galician Roots
  • Camino Portugués Galician Roots

O CAMIÑO PORTUGUÉS

O Camiño Portugués é un dos percorridos máis transitados polos peregrinos que camiñan a Santiago, na actualidade o segundo despois do Camiño Francés. Este tour comeza na fronteira con Portugal, concretamente en Tui, farate camiñar polas Rías Baixas nun entorno de mar e montaña ademais de desfrutar da cidade de Pontevedra.

INCLÚE

- 8 días / 7 noites en hoteis e pensións
- Almorzos
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
- Asistencia telefónica en viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

PREZO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 590€

SUPLEMENTO MEDIA PENSIÓN: 100€ (non inclúe cea en Tui nin Santiago)

Día 1
Tui
A túa chegada a Tui recomendámosche deixar a túa maleta no hotel e desfrutar do seu marabilloso casco vello repleto de igrexas e conventos e visitar tamén a Catedral.

Día 2
Tui - Porriño 18,7 Kms
Comezarás o teu camiño cara Santiago polas bonitas rúas da cidade de Tui, pasarás preto da Ponte da Veiga sobre o río Louro e tamén da capela da Virxe do Camiño. Esta etapa alterna camiños e estrada pero e bastante doado. Existe agora un itinerario que permite evitar o paso polo polígono industrial para chegar ata o Porriño. Unha vez en Porriño trasladarémosvos para pasar a noite en Tui.

Día 3
Porriño - Redondela 15,2 Kms
Saíndo do Porriño internaraste no camiño por Amoeiro Longo Concello de Mos, subirás ata Veigadaña e chegarás ata o pobo de Mos. Despois ascenderás ata o punto más alto desta etapa en Santiaguiño de Antas para logo comezar o teu descenso para chegar a Redondela onde descansarás esta noite.

Día 4
Redondela -Pontevedra 18,2 Kms
Abandonarás Redondela cunha panorámica sobre a ría de Vigo, pasarás por Arcade, pobo coñecido polas súas ostras, e despois cruzarás a histórica Ponte Sampaio. A túa ruta seguirá por un camiño de pedras ata chegar a Figueirido, logo cruzarás varias aldeas e finalmente chegarás a cidade de Pontevedra.

Día 5
Pontevedra – Caldas de Reis  23 Kms
O deixar o espectacular casco histórico de Pontevedra  internaraste na Galicia rural para camiñar entre aldeas e regatos. Esta etapa conta con moi pouco desnivel, levarate a Caldas de Reis onde pasarás a noite.

Día 6
Caldas de Reis - Padrón 18,5 Kms
A etapa de hoxe tamén se caracteriza polo marcado ámbito rural. Pasarás por Pontecesures  e seguirás en dirección a Padrón onde se atopa a casa da ilustre escritora galega Rosalía de Castro que poderás visitar. Descansarás en Padrón.

Día 7
Padrón - Santiago de Compostela 25,2 Kms
Esta etapa mítica farate pasar por Iria Flavia onde di a lenda que encallou a barca cos restos do Apóstolo Santiago. A túa ruta transcorrerá por varios municipios ata alcanzar Santiago de Compostela, aí pasarás polo seu máxico casco histórico para finalizar na Catedral.

Día 8
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e si o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada día as 12h.

Dende 450.00
Dende 450.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.