Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

O Camiño en BICICLETA DENDE LEÓN

  • El Camino de Santiago en bicicleta
  • El Camino de Santiago en bicicleta
  • El Camino de Santiago en bicicleta
  • El Camino de Santiago en bicicleta

CAMIÑO DE SANTIAGO EN BICICLETA

Si o teu é a bicicleta este paquete que che propoñemos é a túa mellor elección para realizar o camiño de Santiago e conseguir a Compostela. En menos dunha semana ofrecémosche percorrer dende León ata Santiago (inclúe o aluguer de bicicleta durante todas as etapas), 300 kms  de aventura por belas paisaxes que che permitirán gozar da maxia de Galicia e todo o seu esplendor.

INCLÚE:

- 7 días / 6 noites en hoteis e pensións
- Almorzos
- Aluguer de bicicleta durante as etapas
- Transporte de equipaxe (inclúe 1 maleta de 15-20 kgs por persona)
- Asistencia telefónica en viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

PREZO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 815€

SUPLEMENTO MEDIA PENSIÓN: 80€ (non inclúe cea en Santiago)

Día 1

León
Chegarás a León onde despois de deixar a túa bicicleta e a túa maleta no hotel poderás desfrutar dun marabilloso paseo polo casco vello e visitar a súa catedral.

Día 2
León - Rabanal del Camino 68,6 kms
Comezarás o teu Camiño saíndo da cidade de León en dirección a Virgen del Camino e Hospital de Orbigo. Despois cruzarás Astorga divisando os montes de León ata chegar a Rabanal del Camino.

Día 3
Rabanal del Camino  - Ambasmestas  70,3 kms
Hoxe comezarás a pedalear cun duro e belo ascenso a Cruz de Hierro, pasarás por Ponferrada para internarte entre viñedos polo val do Bierzo ata chegar a Ambasmestas onde descansarás esta noite.

Día 4
Ambasmestas – Sarria 59 Kms
A etapa de hoxe comeza cunha das subidas máis duras e emblemáticas do Camiño para internarte en terras galegas chegando  O Cebreiro. Ascenderás por unhas paisaxes espectaculares ata o punto máis alto do Camiño, o alto do Poio con 1335m de altitude. Despois descenderás  cruzando Triacastela para chegar ata Sarria onde pasarás a noite.

Día 5
Sarria – Melide 61,9 Kms
Hoxe afrontarás os últimos 100 Kms do Camiño continuando por un sendeiro arborado  onde cruzarás o río Miño o seu paso por Portomarín. Internaraste nas aldeas de Castromaior e Ligonde ata chegar a Palas de Rei. Despois de atravesar a aldea de O Leboreiro chegarás a Melide.

Día 6
Melide – Santiago  52,9 Kms
En esta última etapa do Camiño ata chegar a Santiago deixarás a Terra de Melide pasando por Boente, Arzúa (onde che recomendamos probar os seus saborosos queixos), Pedrouzo e o Monte do Gozo para finalmente descender ata Santiago polo casco vello ata chegar a Catedral. Esta ruta permitirache solicitar a Compostela na oficina do peregrino.

Día 7
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e si o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada día as 12h.

Dende 695.00
Dende 695.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.