Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Os últimos 100 kms do Camiño RURAL

  • Los últimos 100kms del Camino RURAL
  • Los últimos 100kms del Camino RURAL
  • Los últimos 100kms del Camino RURAL
  • Los últimos 100kms del Camino RURAL
  • Los últimos 100kms del Camino RURAL
  • Los últimos 100kms del Camino RURAL

OS ÚLTIMOS 100KMS DO CAMIÑO RURAL

Disfruta o máximo da natureza o redor do camiño de Santiago con este tour. Ofrecémosche despois de cada etapa aloxarte en casas rurais e pazos onde gozarás dun descanso máis que merecido. Os nosos aloxamentos atópanse no interior de Galicia rodeados de grandes paraxes naturais onde reina unha tranquilidade sen igual. Gozarás dunhas comodidades de gran calidade e unha gastronomía de primeira.

INCLÚE

- 7 días / 6 noites en casas rurais e pazos
- Almorzos
- Ceas con bebidas e sobremesa (non inclúe cea en Santiago)
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
Credencial do peregrino
- Traslado dende os pobos as casa e vice versa
- Seguro e asistencia en viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

PREZO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 840€

ITINERARIO

Día 1
Sarria
Chegarás a Sarria onde pasarás a noite para comezar o día seguinte coa primeira etapa deste tramo.

Día 2
Sarria - Portomarín 24kms
Nesta etapa comezan os últimos 100kms a Santiago. Despois de cruzar Sarria e seguir o seu sendeiro arborado afrontarás a primeira subida do día ata chegar a Barbadelo. Seguirás pasando por varios pobos con vistas ós verdes prados ata baixar por un sendeiro pedregoso para finalmente alcanzar Portomarín cruzando a ponte con vistas o Río Miño. Pasarás a noite en Portomarín.

Día 3
Portomarín - Palas de Rei 25kms
A etapa de hoxe levarate primeiro a cruzar un bosque de pinos e despois bordeando a estrada varias aldeas, entre as que compre destacar Castromaior onde se encontran os restos dun castro prerromano. Antes de chegar a Ligonde atoparás o Cruceiro de Lameiros, un dos máis coñecidos do Camiño. Despois de cruzar a Serra de Ligonde chegarás ata Palas de Rei onde poderás visitar a igrexa de San Tirso. Durmirás en Palas de Rei.

Día 4
Palas de Rei - Arzúa 29kms
Esta etapa é a máis longa pero pasarás por varios pobos de interese. Encontraraste coa aldea de Furelos, a súa ponte medieval e as súas casas de pedra ata chegar a Melide. Unha vez alí si o desexas poderás visitar o Museo da Terra de Melide e a súa igrexa. Tras pasar por un bosque de eucaliptos cruzarás o paso empedrado do Río Catasol, un dos máis coñecidos e fotografados do Camiño. A nosa ruta segue por bosques e pistas preto as pequenas aldeas rurais. Chegarás a Arzúa onde poderás degustar os produtos típicos desta zoa como son o queixo de Arzúa-Ulloa con denominación de orixe, xamón, empanada galega e máis variedades de embutidos da zoa. Esta noite descansarás en Arzúa.

Día 5
Arzúa - Pedrouzo 19kms 
Esta penúltima etapa caracterízase por pendentes sinxelas poboadas de sendeiros atravesando prados e arroios sen perder de vista a estrada. Tamén cruzarás varios bosques de eucaliptos típicos da zoa. Antes de chegar a Pedrouzo poderás visitar a ermida de Santa Irene datada da idade media. Cearás e descansarás en Pedrouzo.

Día 6
Pedrouzo - Santiago 20kms
A túa última etapa ata chegar a Santiago farate subir ata o Monte do Gozo dende onde terás unha panorámica da Catedral antes de seguir o teu percorrido por chan urbano. Pasarás por varias urbanizacións antes de chegar o casco antigo da cidade e por fin a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago enfronte. Esta ruta permitirache solicitar a Compostela na oficina do peregrino. Pasarás a noite en Santiago.

Día 7
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e se o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada días ás 12h.

Se o desexas tamén podes contratar un seguro de viaxe con nós dende 23€ (IVE incluído) para os 7 días de viaxe. Baixo previa contratación ofrecémosche tamén visitar as distintas cidades galegas (Santiago, Lugo, Coruña e Ourense) ou trasladarte o aeroporto para retomar o teu voo de volta.
O transporte de equipaxe inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona. Se desexa engadir máis equipaxe non dubide en contactarnos.

Dende 690.00
Dende 690.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.