Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Obradoiro monográfico de pan galego

  • Pan gallego
  • Elaboración pan

Obradoiro monográfico de “Pan Galego”

O pan en Galicia ademais de cocerse nas panaderías industriais e de venda o público séguese cocendo nas aldeas onde aínda se conservan fornos de pedra e onde se elabora de xeito totalmente artesanal conservando así un sabor totalmente auténtico e natural. Aprenderás os distintos pasos na elaboración do pan dende a colleita, recoller e moer o trigo ata recoller a leña no monte para quentar o forno. Todo un mundo de sabedoría pasado de pais a fillos que conserva todo o bo facer de antano no xeito de amasado e os tempos de cocción. Neste obradoiro visitarás un muíño de río e verás a elaboración do pan no forno de pedra.

INCLÚE

- Visita a un muíño de río
- Obradoiro demostrativo de 2h30-3h sobre a elaboración do pan no forno de pedra
- Charla informativa sobre o pan galego e as súas particularidades
- Receitario de pan galego

Mínimo de 10 persoas, para grupos máis reducidos consulta con nós por correo electrónico ou teléfono.

A consultar
A consultar

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.