Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Obradoiro demostrativo sobre cociña galega

  • Cocina gallega
  • Cocina gallega
  • Cocina gallega
  • Cocina gallega

Obradoiro demostrativo “Cociña galega”

En Galicia a cociña é unha cultura, tradición e como non innovación, unha forma de vida marca da casa. Cada pobo ten a súa propia festa gastronómica con todo tipo de produtos e sentarse á mesa é todo un ritual que dura horas de gozo. Podemos presumir duns produtos de alta calidade do noso mar e das nosas terras que conquistan a todo aquel que pasa por aquí. Deste xeito como en todas as culturas temos uns pratos que nos identifican máis que outros, neste taller poderás aprender todo sobre eles.

INCLÚE

- Obradoiro demostrativo de 2h30-3h sobre a elaboración de pratos da cociña galega
- Coñece varios pratos en miniatura
- Degustación variada

Pratos elaborados por Manuel Garea.

Mínimo de 10 persoas, para grupos máis reducidos consulta con nós por correo electrónico ou teléfono.

Dende 30.00
Dende 30.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.