Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Obradoiro demostrativo sobre o polbo a feira

  • Pulpo gallego
  • Pulpo gallego

Obradoiro demostrativo sobre o “Polbo a feira”

O polbo á galega coñecido en Galicia como Polbo a feira é un dos pratos máis representativos da cociña tradicional galega. Pódese dicir que é un manxar festivo xa que non hai festa, feira ou romaría na que non estea presente con todo o espectáculo que rodea ás polbeiras cocendo e cortándoo. Neste obradoiro coñecerás todo sobre o polbo, dende que se pesca ata que chega o prato, e o máis importante como preparalo e conseguir a consistencia perfecta para cociñalo no seu punto.

INCLÚE

- Obradoiro demostrativo de 2h30-3h sobre a elaboración do polbo
- Charla informativa sobre a cocción e as súas particularidades
- Receitario
- Degustación

Mínimo de 10 persoas, para grupos máis reducidos consulta con nós por correo electrónico ou teléfono.

Dende 30.00
Dende 30.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.