Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Excursión en Ourense

  • Ourense
  • Ourense
  • Ourense

EXCURSIÓN DE 1 DÍA EN OURENSE

Ourense destaca principalmente polas súas augas, é a segunda cidade de Europa con mananciais de auga termal. Existen gran variedade de termas na cidade e o final da nosa visita aproveitaremos para relaxarnos nestas augas unhas horas. Antes visitaremos o centro da cidade, facendo unha parada na Catedral, onde nos deteremos para ver as distintas capelas que a compoñen. Tamén veremos a Praza Maior, Praza do Trigo, O Palacio episcopal e a fonte das Burgas, da cal emanan augas a máis de 70 grados. Degustarás a gastronomía e os viños recoñecidos da zoa. Tamén visitarás a Ponte Vella, ponte de orixe romano e despois a Ponte do Milenio, de construción moderna e totalmente oposta pero non por iso menos emblemática da cidade.

Posibilidade de visitar o pobo de Allariz.

INCLÚE
- Traslados de Santiago a Ourense
- Guía turístico
- Entradas a monumentos indicados e as Termas

HORARIOS
Saída: 09.15 H (centro de Santiago) | Regreso: 19.30 H aprox. 

NON INCLÚE
- Comidas e bebidas (o guía acompañaravos a un restaurante e poderán elixir o seu menú)

Tarifas en función do número de persoas
7-8 persoas 55€
6 persoas 60€
5 persoas 70€
4 persoas 75€
3 persoas 90€
2 persoas 95€

Os itinerarios da excursión poden variar debido a causas meteorolóxicas, horarios de apertura de monumentos, eventos especiais ou calquera outra causa allea á organización.

Dende 55.00
Dende 55.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.