Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Excursión en Lugo

  • Lugo
  • Lugo
  • Lugo
  • Lugo

EXCURSIÓN DE 1 DÍA EN LUGO

Lugo é a capital de provincia máis antiga de Galicia, foi fundada no ano 25 a.C polos romanos. Debido as súas orixes ofrécenos xoias arquitectónicas dignas de admirar como a Muralla que rodea o casco antigo, que consta actualmente como Patrimonio da Humanidade, e polo que poderemos pasear. Cruzaremos a ponte romana do río Miño para internarnos nos vestixios que nos oferta esta cidade. Cabe salientar a beleza do seu casco histórico coa Catedral, a Praza Maior co concello, a Praza do Campo, Praza de Santa María, Praza de Santo Domingo e a Alameda. Tamén nos recrearemos probando as tapas e os viños da Rúa nova onde se concentran multitude de tabernas.

Posibilidade de visitar a Praia das Catedrais.

INCLÚE

- Traslados de Santiago a Lugo
- Guía turístico 

NON INCLÚE:

-Comidas e bebidas (o guía acompañaravos a un restaurante e poderán elixir o  seu menú)

Mínimo de 10 persoas, para grupos máis reducidos consultar con nós por correo electrónico ou por teléfono.

Os itinerarios da excursión poden variar debido a causas meteorolóxicas, horarios de apertura de monumentos, eventos especiais ou calquera outra causa allea a organización.

Dende 69.00
Dende 69.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.