Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Excursión en A Coruña

  • Coruña
  • Coruña
  • Coruña
  • Coruña

EXCURSIÓN DE 1 DÍA A CORUÑA

Coruña a cidade de Cristal oferta unhas vistas sensacionais ó mar Atlántico e máis aínda dende os case 60m de altura da Torre de Hércules, o faro máis antigo en funcionamento do mundo. Esta parada levaranos o alto deste monumento considerado actualmente Patrimonio da Humanidade. Daremos un paseo polo parque escultórico próximo onde se atopan esculturas de menhires e polo paseo marítimo, o máis grande actualmente de Europa. Poderemos ver o Castelo de San Antón, o DOMUS (museo do home) e algunha das praias urbanas da cidade como Riazor ou Orzán. Unha vez no centro descubriremos a Praza de María Pita, cun amplo concello, as igrexas románicas de Santiago e Santa María do Campo, os xardíns de San Carlos e pasearemos pola zoa antiga da cidade e as rúas contiguas a Rúa Real.

INCLÚE

- Traslados de Santiago a Coruña
- Guía turístico
- Entradas a monumentos e museos indicados

NON INCLÚE:

-Comidas e bebidas (o guía acompañaravos a un restaurante e poderán elixir o seu menú)

Mínimo de 10 persoas, para grupos máis reducidos consulta con nós por correo electrónico ou teléfono.

Os itinerarios da excursión poden variar debido a causas meteorolóxicas, horarios de apertura de monumentos, eventos especiais ou calquera outra causa allea á organización.

Dende 69.00
Dende 69.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.