Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

O Camiño Primitivo

  • Camino Primitivo
  • Camino Primitivo
  • Camino Primitivo
  • Camino Primitivo

O CAMIÑO PRIMITIVO

Descobre o primeiro itinerario xacobeo ata Santiago actualmente en pleno auxe. Si xa realizaches previamente o Camiño Francés esta é unha boa alternativa para explorar un novo itinerario ata Santiago e marabillarte con novos paisaxes rurais. Sendeirismo en estado puro!
Dende Galician Roots queremos ofrecerche esta viaxe de 9 días con aloxamento e asistencia na viaxe.

INCLÚE

- 9 días / 8 noites en hoteis e pensións
- Almorzos
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
- Asistencia telefónica en viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

PREZO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 635€

SUPLEMENTO MEDIA PENSIÓN: 140€ (non inclúe cea en Santiago)



ITINERARIO

Día 1
Fonsagrada
Chegarás a A Fonsagrada onde pasarás esta primeira noite antes de comezar mañá co Camiño.

Día 2
Fonsagrada Cádavo Baleira 26,3kms
Hoxe comezarás a primeira etapa en A Fonsagrada, o concello máis extenso de toda Galicia. Cruzarás o seu casco histórico ata internarte nun piñeiral da zoa para despois comezar a subida ata Vilardongo, alí terás unhas vistas preciosas ás montañas e os pobos contiguos. Despois seguirás ata chegar o hospital de Montouto (s.XlV-XX facía a función de albergue). O pasar o alto de Fontaneira chegarás a Cádavo Baleira onde pasarás esta segunda noite.

Día 3
Cádavo Baleira  Lugo 30,7kms
Comezarás esta segunda etapa cun ascenso ata o último porto do Camiño Primitivo situado en Vacariza, dende este punto aparece unha vista panorámica de Lugo o lonxe. Despois descenderás ata chegar a Castroverde, a poboación máis próxima antes de chegar a Lugo e na que convén aprovisionarse. Despois pasarás por varias aldeas ata chegar finalmente a Lugo, a cidade amurallada patrimonio da Humanidade e unha das máis fermosas de Galicia.

Día 4
Lugo  Ponte Ferreira 29kms
Despois de pasar polas rúas empedradas cruzarás o río Miño para saír de Lugo. Esta etapa caracterízase por moitos tramos que transcorren por estrada pero pasa por pequenos pobos como Seoane, San Vicente do Burgo, Bacurrín, San Román da Retorta e Ponte Ferreira que será o pobo onde te aloxarás.

Día 5
Ponte Ferreira  Melide 20,2kms
Hoxe saíndo de Ponte Ferreira cruzarás unha pequena ponte medieval que te internará entre sendeiros ata chegar a San Xurxo de Augas Santas. Uns kilómetros máis adiante deberás seguir dirección a Melide para continuar polo Camiño Primitivo. Chegarás a Merlán e despois o Hospital das Seixas onde pisarás a última e espectacular montaña do Camiño Primitivo na Serra do Careón. Cruzarás o límite entre a provincia de Lugo e A Coruña para despois pasar polo territorio do concello de Toques e descender ata Melide onde te aloxarás.

Día 6
Melide – Arzúa 16kms
Tras pasar por uns bosques de eucaliptos cruzarás o paseo empedrado do Río Catasol, un dos máis coñecidos e fotografados do Camiño. Esta etapa mestura camiños polo bosque e pistas próximas a pequenas aldeas rurais. Chegarás a Arzúa onde poderás degustar produtos típicos desta zoa como son o queixo Arzúa-Ulloa, con denominación de orixe, xamón, empanada galega e máis variedades de embutidos da zoa. Esta noite descansarás en Arzúa

Día 7
Arzúa – Pedrouzo 19kms
Está penúltima etapa caracterízase por pendentes sinxelas poboadas de sendeiros atravesando prados e arroios sen perder de vista a estrada. Tamén cruzarás varios bosques de eucaliptos típicos da zoa. Antes de chegar a Pedrouzo poderás visitar a hermida de Santa Irene datada da idade media. Descansarás en Pedrouzo.

Día 8
Pedrouzo – Santiago 20kms
A túa última etapa ata chegar a Santiago farate subir ata o Monte do Gozo dende onde terás unha panorámica da Catedral antes de seguir o teu percorrido por chan urbano. Pasarás por varias urbanizacións antes de chegar o casco antigo da cidade e por fin a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago enfronte. Esta ruta permitirache solicitar a Compostela na oficina do peregrino. Pasarás a noite en Santiago.

Día 9
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e se o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada día ás 12h.

SERVIZOS OPCIONAIS

- Seguro de viaxe para os 8 días por 23€ (IVE incluído)
- Traslado de Santiago cidade ou aeroporto ata Sarria ou traslado de Santiago ata o aeroporto
- Visitas as principais cidades como Santiago, Lugo, Coruña e Ourense
- Visita a Fisterra

QUE NOS GUSTA DESTA VIAXE

Descobre outra maneira de facer o Camiño de Santigo, o Camiño Primitivo ofréceche unhas rutas de sendeirismo puro e unhas paisaxes espléndidas. Aínda que moito menos transitado que outros camiños non é por elo menos interesante. Apaixonarate camiñar por unha das primeiras rutas xacobeas que che ofrecemos en réxime de media pensión e con asistencia na viaxe para que non teñas que preocuparte por nada.

Dende 475.00
Dende 475.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.