Síguenos en: logotwitter logofacebook logopinterest

Os últimos 100 kms do Camiño BASIC

  • Basic 1
  • Basic 2
  • Basic 3
  • Basic 4

OS ULTIMOS 100KMS BASIC

Percorre os últimos 100kms do Camiño da forma máis sinxela e completa, propoñémosche unha viaxe con transporte de mochilas e aloxamento en albergues. A nosa fórmula máis asequible permíteche efectuar este tramo do Camiño Francés en só 7 días. Completando estas etapas poderás solicitar a Compostela.

Os albergues están compostos por habitacións con liteiras e cuarto de baño compartido, debido a alta afluencia no verán recomendámosche que fagas a túa reserva cun tempo de antelación.

INCLÚE

- 7 días / 6 noites en albergues
- Almorzos (excepto en Santiago)
- Transporte de equipaxe (inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona)
- Asistencia telefónica na viaxe
- Caderno de viaxe
- IVE

SUPLEMENTO MEDIA PENSIÓN: 65€ (non inclúe cea en Santiago)

ITINERARIO

Día 1
Sarria
Chegarás a Sarria onde pasarás a noite para comezar o día seguinte coa primeira etapa deste tramo.

Día 2
Sarria  Portomarín 24kms
Nesta etapa comezan os últimos 100kms a Santiago. Despois de cruzar Sarria e seguir o seu sendeiro arborado afrontarás a primeira subida do día ata chegar a Barbadelo. Seguirás pasando por varios pobos con vistas ós verdes prados ata baixar por un sendeiro pedregoso para finalmente alcanzar Portomarín cruzando a ponte con vistas o Río Miño. Pasarás a noite en Portomarín.

Día 3
Portomarín – Palas de Rei 25kms
A etapa de hoxe levarate primeiro a cruzar un bosque de pinos e despois bordeando a estrada varias aldeas, entre as que compre destacar Castromaior onde se encontran os restos dun castro prerromano. Antes de chegar a Ligonde atoparás o Cruceiro de Lameiros, un dos máis coñecidos do Camiño. Despois de cruzar a Serra de Ligonde chegarás ata Palas de Rei onde poderás visitar a igrexa de San Tirso. Durmirás en Palas de Rei.

Día 4
Palas de Rei  Arzúa 29kms
Esta etapa é a máis longa pero pasarás por varios pobos de interese. Encontraraste coa aldea de Furelos, a súa ponte medieval e as súas casas de pedra ata chegar a Melide. Unha vez alí si o desexas poderás visitar o Museo da Terra de Melide e a súa igrexa. Tras pasar por un bosque de eucaliptos cruzarás o paso empedrado do Río Catasol, un dos máis coñecidos e fotografados do Camiño. A nosa ruta segue por bosques e pistas preto as pequenas aldeas rurais. Chegarás a Arzúa onde poderás degustar os produtos típicos desta zoa como son o queixo de Arzúa-Ulloa con denominación de orixe, xamón, empanada galega e máis variedades de embutidos da zoa. Esta noite descansarás en Arzúa.

Día 5
Arzúa – Pedrouzo 19kms
Está penúltima etapa caracterízase por pendentes sinxelas poboadas de sendeiros atravesando prados e arroios sen perder de vista a estrada. Tamén cruzarás varios bosques de eucaliptos típicos da zoa. Antes de chegar a Pedrouzo poderás visitar a hermida de Santa Irene datada da idade media. Descansarás en Pedrouzo.

Día 6
Pedrouzo – Santiago 20kms
A túa última etapa ata chegar a Santiago farate subir ata o Monte do Gozo dende onde terás unha panorámica da Catedral antes de seguir o teu percorrido por chan urbano. Pasarás por varias urbanizacións antes de chegar o casco antigo da cidade e por fin a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago enfronte. Esta ruta permitirache solicitar a Compostela na oficina do peregrino. Pasarás a noite en Santiago.

Día 7
Santiago
Fin dos nosos servizos. Poderás visitar a Catedral e se o desexas asistir a misa do peregrino oficiada cada día ás 12h.

SERVIZOS OPCIONAIS

- Cea en Santiago 18€ por persoa (IVE incluído)
- Seguro de viaxe para os 8 días por 16€ (IVE incluído)
- Traslado de Santiago cidade ou aeroporto ata Sarria ou traslado de Santiago ata o aeroporto
- Visitas as principais cidades como Santiago, Lugo, Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense
- Visita a Fisterra
- O transporte de equipaxe inclúe unha maleta de 15-20 kgs por persona. Se desexa engadir máis equipaxe non dubide en contactarnos.

QUE NOS GUSTA DESTA VIAXE

Intérnate no mundo do Camiño de Santiago do xeito máis sinxelo e auténtico. Non terás que preocuparte pola afluencia nos albergues nin por chamar para confirmar a túa praza, en Galician Roots poñémoscho doado. Goza desta viaxe que che ofrecemos co traslado da equipaxe e asistencia.

Dende 245.00
Dende 245.00

Seleccionar datas

En galicianroots.com utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo e obter datos estadísticos de forma anónima. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa política de cookies.