×

Galician Roots é unha axencia de viaxes do Camiño de Santiago que pon á túa disposición todo o que necesitas para vivir unha experiencia única e inesquecible. Ademais de organizar o Camiño de Santiago tamén ofrecemos excursións para coñecer os lugares máis bonitos de Galicia onde poderás gozar da súa gastronomía e facer enoturismo.

O Camiño de Santiago
Descubre Galicia
Gastronomía e enoturismo

Por que elixir Galician Roots?

Somos de Galicia, coñecemos ben a nosa terra

Probamos todos os servizos que propoñemos

Coidamos persoalmente dos nosos viaxeiros

Que debes saber sobre as viaxes da nosa axencia do Camiño de Santiago?

Coñecemos de primeira man o Camiño de Santiago xa que realizamos os distintos roteiros que ofertamos, temos un trato directo cos aloxamentos e provedores de servizos cos que traballamos o que nos permite ofrecerche os mellores servizos e unha atención personalizada en todo momento. Todos os nosos circuítos inclúen aloxamento, traslado de equipaxe e almorzos e pódense modificar e personalizar como ti prefiras.

Somos unha axencia de viaxes especializada en viaxes do Camiño de Santiago personalizados

En Galician  Roots somos especialistas en viaxes personalizadas do Camiño de Santiago, se non atopas o roteiro que queres realizar ou queres personalizar un das viaxes que ofrecemos non dubides en contactarnos. Adaptámonos ás túas necesidades para facer que a túa viaxe sexa o máis cómodo posible, podemos axustar as etapas para que poidas camiñar ao teu ritmo acurtando etapas e reducindo quilómetros por exemplo, engadir servizos como masaxes, ceas con música tradicional, traslados e moito máis. Así que non o dubides cóntanos que che gustaría facer e crearemos a túa viaxe desde cero.

Somos a axencia de viaxes pioneira no Camiño de Santiago VIP

É posible realizar o Camiño de Santiago de moitas maneiras pero se o que buscas é unha experiencia VIP Galician  Roots é a axencia de viaxes do Camiño de Santiago que estás a buscar. Descobre a nosa experiencia do Camiño de Santiago VIP e goza dos mellores aloxamentos, pazos, casas rurais con moito encanto e paradores sempre cos mellores servizos incluídos.

Por que elixir Galician Roots como a túa axencia de viaxes do Camiño de Santiago?

Somos unha axencia local oficial e estamos situados en pleno Camiño de Santiago o que nos permite estar pendentes de ti e resolver as túas dúbidas en calquera momento, unha gran vantaxe á hora de realizar o Camiño de Santiago. Reservar a túa viaxe do Camiño de Santiago coa nosa axencia permitirache gozar dunha viaxe tranquila xa que non terás que preocuparche de nada, encargarémonos de reservar o aloxamento, trasladar a túa equipaxe, estaremos sempre pendentes no caso de que necesites a nosa asistencia, só terás que camiñar e gozar. Facemos que o teu Camiño de Santiago sexa máis fácil.

Que roteiros organizados do Camiño de Santiago ofrecedes?

Ofrecemos viaxes organizadas do Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño do Norte, Camiño Inglés, Camiño Primitivo e Camiño ata Fisterra e Muxía, o único que deberás facer é escoller que roteiro desexas realizar e faremos o resto

Somos unha axencia de viaxes especializada nos diferentes roteiros do Camiño de Santiago

En Galician  Roots poderás atopar un amplo catálogo de viaxes organizadas do Camiño de Santiago para centrarche no que realmente importa: gozar da máxica experiencia de ser peregrino. Visita a nosa sección do Camiño de Santiago e descobre todos os roteiros que ofrecemos.

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.