Triacastela, onde o Camiño vibrará baixo os teus pés

DSC_0502

Só a forza propia da terra interrompe a serenidade que emana no val de Triacastela, unha localidade que se fixo famosa en 1997 por ser o epicentro dun dos maiores terremotos rexistrados en España no século pasado. De todas formas, asegurámosvos que o voso paso por estas terras transcorrera coa mesma tranquilidade coa que o rio Oribio debuxa os montes de carballos e castaños característicos deste lugar, estreitamente relacionado co Camiño.

Conta a lenda que dos montes de Triacastela saíu boa parte do material empregado para construír a catedral. Moitos peregrinos collían unha pedra dunha canteira calcárea situada na zoa e transportábana consigo uns 100 quilómetros ata o lugar de Castañeda en Arzúa. Alí deixábana no forno de cal que traballaba para a obra do templo, de modo que cada persoa que chegaba a Compostela realizaba a súa contribución.

A orixe de Triacastela non esta demasiado clara. Nin sequera o seu topónimo. Ai quen asocia a existencia de tres castelos, representados na torre da súa igrexa. Outras versións din que se debe os tres castros celtas que existiron na zoa, todos eles documentados e catalogados. O único seguro é que no Códice Calixtino xa aparecía mencionada Triacastela como o final da undécima etapa do Camiño. Restos de construcións como un antigo hospital ou unha cárcere son as testemuñas ruinosas do apego Xacobeo deste vila, que precisamente por influencia do Camiño de Santiago cambiou a dedicación da súa igrexa: Si inicialmente veneraba a Pedro e Pablo agora é Santiago Matamoros o que preside o retablo deste templo barroco, principal monumento da localidade.

DSC_0564

Quizais en breve Triacastela teña un atractivo engadido, pois en 2012 un equipo da Universidade de Santiago de Compostela descubriu na próxima Cova de Eirós as primeiras mostras de arte rupestre  do paleolítico achadas no noroeste da península. De momento só se permite o aceso a arqueólogos pero poderían ser sen dúbida un revulsivo para unha localidade de apenas 700 habitantes que os recibira con multitude de servizos a pesar do seu pequeno tamaño: centro de saúde, banco, supermercado, bares, seis albergues e cinco casas rurais.

Sentirédesvos ben acollidos en Triacastela, aínda que vos fará dubidar: neste punto do camiño bifurcase e deberedes decidir si chegades a Sarria  por San Xil ou por Samos. Os máis puristas din que a primeira é a opción orixinal. Neste caso completariades unha das etapas máis cortas do camiño (18 quilómetros) aínda que non exenta de dificultade. O pronunciado ascenso da parte inicial ata o Alto de Riocabo e un firme de terra e pedras complican o Camiño. Compensarano as sensacións vistas sobre o val e a singularidade da pequena aldea de A Balsa, onde vos atoparedes un albergue ecolóxico construído con donativos por dous peregrinos que se namoraron no Camiño e decidiron cambiar o rumbo das súas vidas.

A alternativa de Samos foi tradicionalmente secundaria. A principal desvantaxe son os longos tramos de asfalto onde unha estrada sen beiravía se convirte no propio Camiño. Non obstante, o gran reclamo desta variante e o impoñente  mosteiro de Samos e a Capela do Salvador co seu ciprés centenario, situado entre as 50 árbores máis notables de España. A ponte e o lavadoiro de San Cristovo  ou os muíños de Renche completan o encanto desta etapa de 21 quilómetros  que merece a pena.

San Xil, Samos, Samos, San Xil. A opción convertese nun bo motivo para repetir o Camiño.

DSC_0482

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *