Santiago de Compostela, a meta do Camiño

1-catedral-santiago-de-compostela

Santiago é a meta. No fin do Camiño. Podemos asegurarvos que ter completado unha experiencia tan enriquecedora non podería ter mellor colofón que está cidade declarada en 1985 Patrimonio da humanidade polo seu “extraordinario conxunto de monumentos”, a súa “enorme significación espiritual” e por ser “unha cidade ideal que desborda á vez historia e intemporalidade”.

Así define a UNESCO o lugar onde a choiva é arte. Iso dise da segunda  cidade europea con maior volume de precipitacións anuais, a mesma que vos recibirá con un enorme patrimonio en excelente estado de conservación forxado a base de choiva e pedra dende principios do século XI, momento en que se comezou a construción da catedral; a icona ao redor da que se foi articulando a historia de Santiago.

Como bos peregrinos que sodes non deberedes perdervos un dos maiores espectáculos  visuais que brinda o templo: a posta en marcha do botafumeiro, nome co que se coñece o incensario xigante usado dende a Idade Media para purificar o ambiente dun templo no que se congregaba unha multitude de persoas. Para poñelo en movemento necesítanse oito homes, chamados tiraboleiros, que tiran con forza e precisión cando se atopa no punto máis baixo do seu percorrido. Desta forma o botafumeiro alcanza en só un minuto e medio unha velocidade de 65 km/h e forma un ángulo de 82 grados sobre a vertical. Con unha altura de 1,60 metros, pesa 62 kg cando está baleiro e alcanza os 100 kg cando se enche de incenso e carbón. Poderedes velo en funcionamento todos os venres ás 19:30.

2-botafumeiro-catedral-santiago

Si vos presta ter unha perspectiva menos convencional da catedral e da propia cidade recomendámosvos unha visita guiada a súas cubertas graduadas, que vos permitirán entender mellor as distintas fases da construción do templo e ofreceranvos unhas vistas inmellorables das prazas monumentais, os tellados e os montes circundantes.

Tras a catedral o segundo lugar máis emblemático de Santiago é a súa praza de abastos. Sen dúbida a visita merece a pena; non só por ser, cos seus máis de 300 anos de funcionamento, un dos mercados máis antigo de España, si non porque vos brindará unha boa oportunidade para mergullarvos no día a día da cidade a través dos seus corredores de pedra cheos de xente e os seus excelentes produtos frescos. Carnes, pescados, mariscos, froitas e hortalizas encherán de color e olor os vosos sentidos e achegaranvos tamén á realidade e a Gastronomía de Galicia.

Si queredes completar a vosa inmersión na cultura galega o mellor que podedes facer é visitar o Museo do Pobo Galego, situado no antigo convento barroco de San Domingos de Bonaval e onde se mostran diversos aspectos do mundo do mar, os oficios, o campo, a indumentaria ou a arquitectura tradicional da nosa terra. Na igrexa deste antigo mosteiro atópase o panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos, entre outros, da famosa poetisa galega Rosalía de Castro ou do artista e político Alfonso R. Castelao, dúas iconas históricas en Galicia.

3-plaza-abastos-santiago

Xa no exterior e penas un par de pasos, atoparédesvos co parque de San Domingos de Bonaval, exemplo de outro dos atractivos da cidade que non vos podedes perder. De todos estes espazos privilexiados o máis concorrido e coñecido é a Alameda, un punto de referencia para os paseos de ocio dos santiagueses que bordea unha parte do casco histórico e ofrece ademais unhas fermosas vistas da praza do Obradoiro e a fachada da Catedral.

Unha escalinata conecta este espazo co Campus Sur, un espazo universitario deseñado seguindo a idea decimonónica de “cidade xardín” que integra zonas verdes, equipamentos deportivos e residencias para estudantes. Un bo lugar para o paseo os pés do Monte Pedroso, o máis emblemático  da cidade, o miradoiro por excelencia o que poderedes chegar tras unha andaina de 40 minutos. Os vosos pés teredes a catedral enfrontándose ao ocaso e unhas vistas inmellorables de Compostela (Campus Stellae, o campo das estrelas), nome co que tamén se coñece a cidade.

Esta denominación esta estreitamente vinculada a súa historia: conta a tradición cristiá que os discípulos do Apóstolo Santiago (Teodosio e Atanasio) enterraron os seus restos en algún sitio do Finis Terrae hispano, o lugar máis afastado no que tiña predicado. Moitos anos máis tarde , no primeiro cuarto do século IX o ermitán Paio ve como unhas luces ou estrelas alumeaban as  ruínas da antiga necrópole. Informa do achado o bispo Teodomiro e este identifica os restos do sepulcro iluminado como os do Apóstolo Santiago. A súa vez comunica do achado o monarca do reino astur-galaico Alfonso II, que non dubida en emprender camiño cara Santiago. Convertese así no primeiro peregrino da historia e senta as bases da ruta xacobea máis antiga, a coñecida hoxe en día como Camiño Primitivo.

A medida que os vosos pasos se acheguen o Obradoiro polas rúas empedradas da cidade sentiredes non só a emoción de ter chegado á vosa meta, si non tamén a conexión cun lugar histórico e con centos de miles de peregrinos que, coma vos, completaron durante séculos esta ruta milenaria. Parabéns, sodes parte da historia.

4-catedral-desde-monte-pedroso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *