Samos, unha parada necesaria no Camiño

Samos

O abandonar Triacastela o camiño bifúrcase  e irremediablemente teredes que tomar unha decisión: continuar  polas aldeas de A Balsa e San Xil ou atravesar o antigo Sámanos (Samos), como denominaban os godos a aqueles enclaves onde se reunían a rezar as persoas que dedicaban a súas vidas a Dios. Samos é, sen dúbida, un dos lugares con maior peso histórico e maior tradición relixiosa do Camiño.

Testemúñano, ademais do seu propio nome, os seus monumentos e as súas lendas, como a que serviu para bautizar o primeiro dos lugares simbólicos  que atoparedes si escolledes a variante que atravesa esta vila. Referímonos o Desfiladeiro de Penapartida, unha zoa por onde pasa a estrada e o río Oribio rodeados de penas e vexetación. Dise que neste punto a virxe, na súa peregrinación cara Compostela, atopouse con unha rocha de grandes dimensións que lle impedía o paso. Mandou baixar os anxos  e pediulles que a destruísen con un raio. De ai o seu nome; xa que dita rocha quedou partida para que a virxe proseguira o seu camiño.

O Desfiladeiro de Penapartida da paso a un tramo da ruta coñecido como Camiño Real por ser a vía que empregaban os reis para acceder o mosteiro de Samos, un dos cenobios máis antigos de todo Occidente. Construído no ano 906, a súa grandiosidade e beleza explica que moitos peregrinos preferían atrasar 5 quilómetros e non ir por San Xil.

Nas proximidades do mosteiro é moi visitada a Capela do Salvador ou do ciprés, levantada a finais do século IX. É un dos poucos templos mozárabes que se conservan en Galicia e no ano 1944 foi declarada Monumento Nacional. Dálle nome o ciprés milenario que se levanta os seus pés, engadido entre as 50 árbores  singulares de España. Con 25 metros de altitude e máis de 3 de diámetro, a sobriedade e a impoñente serenidade do ciprés de Samos foi inmortalizada nun dos versos dos poetas galegos máis famosos; Ramón Cabanillas:

O tronco forte, ríxido e cincento

enmantado en follaxe verdemoura,

vive sereno, estático, calado,

místico ensoño.

Capilla cipres Samos

O famoso ciprés é só a icona máis visible dunha comarca moi rica en recursos naturais. Destaca o conxunto xeográfico de Lóuzara, que constitúe unha gran reserva natural para o municipio de Samos e que vós chamara a atención pola súa accidentada orografía, con altas montañas e profundos vales.

De aí saen os recursos que constitúen outro dos atractivos de Samos; a súa gastronomía. Son especialmente recomendables as súas troitas e anguías, cuxa forma de preparación atrae a Samos a centos de comensais durante a tempada de pesca. Ademais, esta localidade pode presumir de ter unha repostería artesanal e propia. Entre as súas propostas destacan os biscoitos de Manjarín, ideados nos fogóns do mosteiro fai máis de 250 anos. Non deixedes de probalos!

Como podedes ver, son moitos os atractivos que ofrece esta localidade. Quizais por iso na etapa Triacastela – Sarria a variante de Samos, que tradicionalmente foi secundaria , acolle un número cada vez maior de peregrinos. Unha das vantaxes que ofrece é a concentración de servizos e locais de hostalería, escasos ou practicamente inexistentes na variante máis tradicional, a de San Xil. Como contrapartida, conta con algúns aspectos negativos, como dous grandes tramos que circulan por asfalto. Nada que non poidan compensar as fermosas vistas sobre o val de Samos e o propio desfrute do mosteiro.

A etapa entre Triacastela e Sarria por Samos ten un percorrido de 21 quilómetros que caracterízase polas constantes subidas e baixadas, con varios tramos de pendente superiores o 20%. O itinerario depararavos zoas de certa perigosidade xa que o Camiño é a propia estrada (sen beiravías nin beirarrúas), e outras de total seguridade e tranquilidade dominadas por montes de frondosos castiñeiros e carballos.

Prestade atención, porque o camiño depararavos interesantes mostras do románico rural galego, pontes antigas, lavadoiros tradicionais e incluso conxuntos etnográficos de gran valor, como os muíños de Renche, a 16 quilómetros de Sarria.

Non é pouco o que ofrece a variante de Samos; un lugar de paso non obrigatorio pero si unha opción moi recomendable.

Monasterio Samos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *