Portomarín, un balcón sobre o río Miño

1 Portomarin

Portomarín; la pons Minea (ponte do Miño) do Códice Calixtino. Así se refire a primeira e máis célebre guía do Camiño de Santiago, xoia manuscrita do século XII, a esta pequena vila do interior lucense con unha historia forxada polas mansas augas do río Miño e a ponte de pedra que serviu durante centos de anos para cruzalas. Construírona os romanos no século II e posteriormente foi aproveitado polos peregrinos, pois eran unha das poucas pontes que permitían cruzar o río sen necesidade de utilizar barcas ou balsas. Deste xeito, a ruta Xacobea foi pouco a pouco dirixíndose cara Pons Minea e xa na baixa Idade Media Portomarín era un dos enclaves máis importantes do Camiño de Santiago.

En 1946 a vila foi declarada Conxunto histórico Artístico, e paradoxálmente dez anos despois a construción de maior embalse de Galicia, o de Belesar, con unha cola de máis de 40 quilómetros, mergullou baixo as augas a totalidade do pobo. Así, en 1962 naceu castro Cristo o novo Portomarín, o que hoxe vos atopades na vosa peregrinaxe cara Santiago; Un lugar que conserva as características da tradicional vila galega, con soportais, rúas empedradas e casas de baixa altura que lle confiren un encanto especial. Con algo de sorte, si facedes o camiño en setembro ou outubro e o verán foi seco, inda poderedes ver entre as augas do embalse algún dos 10 arcos da ponte romana e parte do vello poboado.

2 Puente romano Portomarin

Tamén no alto, presidindo e contemplando o río, está a igrexa de San Nicolas, o símbolo por excelencia de Portomarín. Construída a finais do século XII, foi trasladada ata o novo poboado pedra a pedra para salvala das augas, ao igual que se fixo coas outras igrexas e pazos. A medio camiño entre lugar de culto e fortaleza, o templo foi levantado por discípulos directos do mestre Mateo, o mesmo que levantou o magnífico pórtico da Gloria da catedral compostelana.

Outra das visitas imprescindibles é o Castro de Castromaior, un dos xacementos arqueolóxicos da idade de ferro máis relevantes da Península Ibérica. O seu excelente estado de conservación permitiravos achegarvos  a cultura celta dos castrexos e ademais non vos supoñerá ningún rodeo nin desvío, pois esta situado a escasos metros do camiño.

Portomarín será o voso punto de chegada dende Sarria e o de partida cara Palas de Rei. Recomendámosvos  que antes de abandonalo fagades dúas cousas: a primeira, dar un relaxante paseo polos seus parques. Sabedes que Portomarín ten a maior extensión de zonas verdes no seu casco urbano de todo Galicia? Pois si, especialmente xardíns! E por iso que tamén recibe o nome de “Vila Xardín”. A segunda recomendación é a súa gastronomía: a Tarta de Ancano, feita a base de amendoas e cunha textura e unha aparencia moi similar a Tarta de Santiago, e recoñecida internacionalmente. Cada día saen de Portomarín 3000 unidades con destino os principais mercados de toda España. Completamente diferentes, pero igual valoradas, son as empanadas de anguías. E para regar suculentos manxares, que mellor que un bo chupito de augardente, unha das mellores de Galicia. Cada ano, o día da Pascua, Portomarín dedica unha feira temática a esta bebida. A boa comida está garantida e o descanso tamén; Portomarín dispón de albergues, hostais, pensións e casas rurais.

3 San Nicolas Portomarin

Cubertas as necesidades de descanso e comida, poderedes centrarvos na nova etapa que tedes por diante ata Palas de Rei e nos seus 25,5 quilómetros. Non é un tramo especialmente complexo, aínda que poderedes atopar algún ascenso considerable e falsos chairos. Un dos aspectos máis negativos é que avanza en boa parte pegada a estrada xeral, con tramos nos que o tráfico rodado apenas da un respiro. Está considerada a etapa máis artificial do Camiño, Aínda así  atesoura pequenos recunchos e lugares de interese que merecen moito a pena.

Un deses puntos é o cruceiro dos Lameiros, un dos máis famosos e fotografados de Galicia por ter dobre cara: por un lado está Cristo crucificado e por outro a virxe das Dores. Data de 1670. Outro dos monumentos importantes que atoparedes preto da vosa ruta é a igrexa de Vilar de Donas, xa no termo do municipio de Palas de Rei, que foi declarado Monumento Nacional en 1931. Aínda que o camiño non pasa por este punto, o templo foi un dos principais centros de operacións dos cabaleiros da orde de Santiago. Pequenos pobos salpican o percorrido, aínda que o máis poboado non supera os 80 habitantes, algún deles ofreceu aloxamento a monarcas da talla de Carlos I e Felipe II, como é o caso de Ligonde. Este lugar está os pés dunha serra que leva o mesmo nome e que tendes que coroar. Dende o alto gozaredes dunhas vistas espectaculares e contemplaredes con alivio que se inicia un descenso cara o final da etapa: Palas de Rei.

4 Cruceiro Lameiros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *