Os aloxamentos do camiño de Santiago

foto albergue Camino

No voso periplo cara Santiago ai unha lección importante que non tardaredes en aprender. Dúas ou tres etapas son suficientes. Decontado descubriredes o preciso que é descansar moito e ben para poder completar con éxito o Camiño.

Poderedes durmir onde queirades; os aloxamentos proliferan e son moi variados: dende o máis estartalado dos pavillóns polideportivos municipais ata luxosos pazos, pasando por albergues, hoteis e casas rurais con todas as comodidades. Iso si, debedes ter en conta que non todos son igual de cómodos e non todos están sempre dispoñibles. No verán, con unha alta ocupación, pode resultar complexo atopar aloxamento o pé do Camiño, por iso recomendámosvos organizar unha viaxe con suficiente antelación para evitar sorpresas desagradables. De seguido deixámosvos un pequeno resumo de toda a oferta de aloxamentos do Camiño para que poidades escoller a que mellor se adapte as vosas necesidades.

Normalmente os albergues son os máis solicitados, e tamén os máis saturados en tempada alta. Cobren as necesidades básicas: teito, cama e ducha por un módico prezo que oscila entre os 10 e os 12 euros por noite. Hainos públicos (xestionados pola Xunta de Galicia ou polos propios concellos) e privados. Ultimamente melloraron as súas dotacións en canto a servizos e comodidades, polo que atoparedes moitos que dispoñen de lavadora, tendedeiros, salas comúns con utensilios de cociña para preparar comidas e máquinas expendedoras de bebidas e aperitivos. Non teredes nin que facer medio quilómetro extra para atopalos e sen dúbida a mellor opción para coñecer xente e establecer relacións sociais. Como contrapartida, teredes que lidar cos ruídos, os ronquidos e quizais tamén facer cola para ir o baño…

foto pension Camino

Unha alternativa os albergues son as pensións e os hoteis. Non teredes dificultade para atopalos, o voso paso polos pobos do Camiño, establecementos de dúas ou tres estrelas con unha boa relación calidade prezo. A maioría son negocios familiares, sen luxos pero limpos e acolledores. O aloxamento contemplase cos servizos de cafetería e restaurante, nos que soen ofrecer bastante comida (dentro da liña do menú do día) e almorzos completos. Case todos ofrecen habitacións con baño incluído, televisión e calefacción. O marxe de prezos e amplo: poderedes atopar unha habitación dobre dende 30€ a 60€.

As casas rurais ofrecen unha forma de descanso diferente; non só para o corpo, si non tamén  para os sentidos. Con maior intimidade e en un entorno tranquilo e normalmente de gran beleza paisaxística, préstanse tamén para coñecer a forma de vida no campo galego e algunhas das súas tradicións. Os aloxamentos rurais soen ser casas de labranza restauradas e situadas en aldeas, con xardíns e terrazas o aire libre, e non demasiado grandes. É por iso que non as recomendamos si facedes o Camiño nun grupo de máis de 12 persoas. Ofrecen os mesmos servizos que un hotel e normalmente alugan as habitacións por prezos comprendidos entre os 35 e os 85 euros en tempada alta, con dereito a utilizar as zoas comúns( cociña, sala de estar, sala de lectura e xogos…) Moitas tamén dan comidas e ceas por uns 12 ou 15 euros e almorzos a partires dos 4 euros.

Os pazos (as vivendas da antiga nobreza galega) son un tipo de aloxamento de máxima categoría e benestar. Trátase de construcións representativas da arquitectura tradicional de Galicia, con séculos de historia e miles de metros cadrados de fincas e zoas axardinadas. Son remansos de tranquilidade nos que é habitual atopar capela, horta e incluso muíños de auga e pombais. A gran diferenza co resto dos aloxamentos e que ofrecen moitos servizos e actividades extra: piscina, canchas de tenis e padel, minigolf, paintball, bicicletas, lavado e pasada de roupa, fisioterapeuta ou aparcadoiro gratuíto son só algunhas delas. Poderedes reservar unha habitación dobre dende 75€ por noite. O almorzo e cea páganse aparte.

O dito, a descansar moito e ben!

foto pazo Camino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *