O polbo “á feira”, un clásico do Camiño

polbo a feira

O polbo a galega, é sen dúbida un dos pratos estrela da nosa cociña tradicional. No voso camiño cara Santiago atoparedes infinidade de lugares onde poderedes probalo, pois non hai feira, festa nin romaría popular no que non este presente este produto autóctono de fama universal.

Só para que vos fagades unha idea da importancia e do arraigo que ten este cefalópodo en Galicia, darémosvos un par de datos: cada ano póxanse nas nosas lonxas arredor de 3,5 millóns de quilos de polbo por un valor que supera os 20 millóns de euros. Ademais, dende agosto de 2014 Galicia figura no libro dos récords Guinnes por ter servido a tapa de polbo a feira máis grande do mundo: 24 profesionais picaron 430 quilos de polbo nun prato de 5,10 metros de diámetro. Nada máis nin nada menos. A fazaña logrouse no Carballiño, localidade da provincia de Ourense onde se celebran cada mes de agosto dende fai 52 anos a máis antiga das festas gastronómicas que existen en Galicia dedicadas exclusivamente o polbo. Declarada de interese turístico en 1969, recibe cada ano a friorenta de 50.000 visitantes.

O Carballiño é a meca do polbo en Galicia. Sorprenderavos que non sexa unha localidade costeira, pero a tradición  e a realidade demostran que é en terra dentro onde máis polbo se come. Constátano outros pobos do interior que atoparedes no Camiño, Como Arzúa e Melide. De feito, nesta última localidade, que apenas supera os 7000 habitantes, atopase unha polbeira de fama internacional: Ezequiel. E non é a única: A Garnacha, Casa Alongos ou Casa Curros son opcións igualmente recomendables para degustar o famoso polbo á feira.

guinness pulpo

Así se denomina a receita tradicional, que respecta o modo no que o cefalópodo se cociñaba (e inda se cociña) nas feiras, de aí o seu nome. O prato consiste en polbo cocido e cortado en rodaxas, asperxido con abundante aceite de oliva e espolvoreado con pemento doce, pemento picante e sal gorda. Sérvese nun prato de madeira e comese con palillos, normalmente acompañado de patacas cocidas cortadas pola  metade, e viño tinto. Á marxe do pracer para o padal, a elaboración deste prato é tamén un espectáculo visual, pois o polbo cocese en grandes caldeiros de cobre e sácase enteiro con un gancho de ferro antes de ser cortado. É admirable a destreza e rapidez das “polbeiras” picando polbo coas súas tesoiras.

Precisamente porque coñecer a gastronomía autóctona non consiste só en probar os seus produtos máis coñecidos, en Galician Roots deseñamos diferentes talleres demostrativos nos que de forma amena poderedes afondar no proceso de elaboración dalgúns  dos nosos pratos universais: os mariscos, a empanada, e por suposto o “polbo a feira”. Neste taller coñeceredes todo sobre o polbo, dende que se pesca ata que chega o prato, e o máis importante, como preparalo e cociñalo para conseguir a consistencia perfecta. Inclúe degustación, e un receitario que sen dúbida sorprenderavos por todas as posibilidades culinarias que ofrece este cefalópodo.

O polbo, de feito, é a día de hoxe un dos produtos estrela da nova cociña galega e deu o salto con formulas renovadas non só os fogóns de cociñeiros recoñecidos, si non tamén as mesas de infinidade de restaurantes. É cada vez máis habitual cociñalo e degustalo acompañado por produtos típicos galegos como os grelos, o queixo ou por outros como arroz ou fabas. Seguro que vos encantara probar todas estas especialidades pero… Animádesvos a probalas coas vosas propias mans? Pensando en peregrinos valentes ideamos en Galician Roots un taller práctico de cociña creativa. A mellor forma, sen dúbida, de penetrarse nun novo camiño.

Descubre máis dos nosos talleres gastronómicos no seguinte enlace:

https://galicianroots.com/index.php/gl/pagina/id/24/gastronomia

cocina creativa pulpo

Receita elaborada por Manuel Garea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *