O Cebreiro, un balcón sobre o Camiño

 panoramica Cebreiro

A aldea de O Cebreiro, acariciada polo frío vento do inverno, amosa en unhas cantas rúas de pedra hùmida e néboa todos os elementos necesarios para converterse nun deses enclaves inesquecibles  para calquera peregrino que se dirixa a Santiago a través  do Camiño Francés. É sen dúbida un dos pobos icónicos  da ruta Xacobea, punto de inicio para moitos camiñantes e balcón privilexiado, a 1293 metros de altitude, dende que o qué deleitarse con espectaculares paisaxes da serra dos Ancares. Un lugar con historia e arquitectura  propias no que tampouco falta a maxia da lenda.

Un dos principais atractivos de O Cebreiro son as súas características pallozas; vivendas de base elíptica construídas con grandes pedras e culminadas por un enorme tellado de palla. Estas construcións singulares, pensadas para resistir os duros invernos e nas que as convivían persoas  e animais, estiveron habitadas ata non fai moitas décadas. Na actualidade son un elemento histórico etnográfico que poderedes visitar, xa que algunha foi reconvertida nun pequeno museo.

palloza Cebreiro

No Cebreiro atoparedes un dos monumentos máis destacados (e máis fotografados) do Camiño: o santuario de Santa María a Real, unha igrexa prerrománica do século IX na que se expón un cáliz que para algúns autores é o mesmísimo  Santo Grial. Certo ou non, o santuario gozou da protección dinástica. Xa no 1072 o rei Alfonso VI convidou a monxes franceses da orde de Cluny a facerse cargo del. O seu lugar de procedencia, a cidade de Aurillac, serviu para dar nome a outro dos edificios míticos de O Cebreiro; a hospedaría de San Giraldo de Aurillac, que esta en funcionamento dende o século  XI.

Xa no terreo do máxico, tan inherente o Camiño de Santiago, a lenda intenta referendar a teoría do Santo Grial de Galicia. Dise que en torno o ano 1300 un veciño da preta aldea de Barxamaior acudiu a escoitar a misa no medio de forte temporal de vento e neve. O cura burlouse do exceso de fe deste home e no seu momento a ostia que estaba consagrando converteuse en carne e o viño en sangue. É o milagre de O Cebreiro.

iglesia Cebreiro

Rodeados pola maxia, a lenda e a historia, moitos de vos comezaredes no Cebreiro a vosa ruta cara Santiago. A primeira etapa do Camiño Francés en territorio galego levaravos dende alí ata localidade de Triacastela. Son 21 quilómetros cun nivel de dificultade  medio-alto que se caracterizan polos pronunciados ascensos e descensos. Non en vano, en esta etapa agárdavos o punto máis elevado do camiño; o Alto do Poio, cos seus 1370 metros. Antes de tocar a cima, deberedes pasar tamén polo alto de San Roque, onde esta a famosa estatua do peregrino medieval que  parece avanzar contra o vento. Continuaredes por un itinerario salpicado por igrexas típicas da zona, de pedra e estilo románico, belas paisaxes e pequenos pobos onde poderedes atopar con facilidade bares nos que repoñer forzas.

Antes de chegar ao fin da etapa, agárdanvos 6 quilómetros de pronunciado descenso ata Triacastela. Un merecido respiro antes de continuar o Camiño pola terra dos castros.

estatua peregrino Cebreiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *