O Camiño francés, unha ruta á túa medida

DSC_3021

Contemplar o Camiño de Santiago nunca foi coser e cantar. Mesmo en épocas recentes acadar con éxito a Praza do Obradoiro podíase converter nunha fazaña épica do propio Ulises: toda unha odisea.

A moitos teránvolo contado e outros, probablemente, vivístelo nas vosas propias carnes: os tempos nos que atopar aloxamento era unha misión case imposible e as mochilas torturábannos as costas sen compaixón. Os tempos nos que éramos caixas de primeiros auxilios andantes con solución caseiras para os nosos pés e improvisábamos masaxes para unas pernas demasiado castigadas.

As cousas cambiaron moito en pouco tempo, sobre todo no que o Camiño Francés se refire. A crecente afluencia de peregrinos fixeron florecer nesta ruta todo un abano de servizos que facilitan o tránsito cara Santiago á par que respectan isos compoñentes tan importantes en toda a peregrinación: o esforzo e sacrificio.

Quizais o cambio máis importante produciuse na oferta de aloxamento, con maior variedade e un incremento considerable no número de albergues, tanto públicos como privados. En tempada alta resultan insuficientes pero as alternativas son moitas: dende pensións e hoteis que poderedes atopar en cada un dos pobos polos que pasa o camiño ata as casas rurais, cada vez máis numerosas tanto os pés da propia ruta como nas súas inmediacións.

Transporte mochilas Galician Roots

As mochilas xa non teñen por qué ser unha carga: un dos servizos que atoparedes con maior facilidade e o transporte de equipaxe, que poderedes completar con coche de apoio si é necesario, asistencia en viaxe e mesmo seguros que cubrirán durante os días que dure o traxecto. De gran utilidade resulta tamén o traslado o punto de inicio do camiño unha vez que cheguedes o aeroporto de Santiago, onde vos deixarán de novo cando finalicedes a peregrinaxe. Ademais, na actualidade é posible contratar sesión de fisioterapia para revitalizar corpo e mente, solicitar o acompañamento de un guía (si non queredes perder ningún detalle do camiño) e incluso o aluguer de bicicletas si o voso e facer a ruta sobre rodas.

O camiño ábrese ante nós con unha morea de posibilidades para que cada un o vivamos e o gocemos da mellor forma. As opcións son moitas e en Galician Roots sabémolo. Por iso ideamos tres paquetes que ofrecen tres formas moi diferentes de completar os últimos 100 quilómetros do Camiño Francés. E si ningún deles vos convence, sempre estará esperándovos un camiño a vosa medida. Atopa toda a información sobre os nosos viaxes e servizos en galicianroots.com

fisioterapia Camino Santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *