Mil camiños para os teus pés (parte 1)

DSC_1230

Non hai un só camiño. Senon miles: tantos como peregrinos, como motivacións e experiencias vividas, como puntos de partida para unha ruta milenaria que ten como única meta a tumba do Apóstolo Santiago.

Cada camiño é diferente pero ningún deles se entendería sen Galicia, o lugar no que confluén como nun río todas as arterias polas que circula desde fai miles de anos a cultura, o arte, as tendencias, a solidaridade e o sentimento relixoso.

Son oito os itinerarios. Oito formas de camiñar e sentir.

O Camiño Francés

E a ruta por antonomasia, a de maior tradición histórica. O seu trazado quedou fixado xa no século XI, como testemuña o Códice Calixtino, unha guía medieval de peregrinación, de incalculable valor, que seguramente recordaredes polo afamado episodio que protagonizou fai dous anos cando foi roubado da catedral de Santiago por un electricista que traballaba no templo.

Este itinerario nace en Francia, de aí o seu nome, e é a continuidade do camiño que entra en España por Roncesvalles e cruza as chairas de Castela ata plantarse ante as montañas que durante milenios illaron a Galicia do resto do mundo. Xusto en ese punto comeza a subida a O Cebreiro sen dúbida un dos puntos emblemáticos do camiño e o lugar en cuxo santuario, segundo chegaron a afirmar algúns autores, Se atopa o mesmo Santo Grial.

Dende O Cebreiro a ruta levaravos polos bosques autóctonos da provincia de Lugo e as praderías dos vales coruñeses. É un trazado de gran beleza paisaxística e artística no que poderedes atopar algunhas das xoias do románico en Galicia.

O Cebreiro – Triacastela (21,7 km)

Triacastela – Sarria (por Samos) (21,3 km)

Sarria – Portomarín (21,6 km)

Portomarín – Palas de Rei (25,4 km)

Palas de Rei – Arzúa (29,4 km)

Arzúa – Pedrouzo (18 km)

Pedrouzo – Santiago (21,1 km)

O número de peregrinos que chega a Santiago a través desta ruta supérase ano tras ano, algo que se pode interpretar como unha desventaxa si preferides a tranquilidade á masificación. Máis do 70% dos 215.000 peregrinos que alcanzaron a praza do Obradoiro no 2013 fixérono pousando os seus pés sobre as pedras desta ruta.

Camino FranceÌ-s O Cebreiro

 

O Camino Portugués

Esta ruta medieval, transcorre cara o norte dende o país luso, está tamén entre as preferidas polos peregrinos. Ocupa o segundo lugar tras o Camiño Francés.

A diferenza doutros itinerarios donde o trazado é único, aquí son moitas as variantes. Tras cruzar a fronteira natural do Río Miño e chegar a cidade galega de Tui, que xunto a de Porto e a preferida como punto de partida, poderemos atopar maior continuidade na señalización do trazado.

O camiño  Portugués atravesa moitos núcleos poboados, o que garantiza servizos de todo tipo para o peregrino. Como contrapartida, a estrada nacional imponse o camiño en moitos tramos. Non obstante, podemosvos asegurar que as vistas da Ría de Vigo ou o paso da Pone Sampaio, donde os Galegos derrotaron as tropas de Napoleón, compensarán de sobra o asfalto.

Tui – Mos (22,4 km)

Mos – Pontevedra (29,5 km)

Pontevedra – Caldas de Reis (21,9 km)

Caldas de Reis – Padrón (18,6 km)

Padrón – Santiago (24,6 km)

Os que cheguedes a Santiago polo camino Portugués, non deixedes de dar un paseo pola céntrica Rúa da Raíña (Calle de la Reina), que debe o seu nome a Santa Isabel de Portugal, esposa do rei Don Dinís. Segundo conta a lenda popular, esta célebre camiñante completou en duas ocasións a ruta e aloxouse nun humilde hospital de peregrinos situados nesa rúa. Era polo ano 1.325, pero quizais inda se escoite o resón dos seus pasos sobre a pedra.

Camino PortugueÌ-s Pontevedra

 

O Camiño Inglés

Foi durante séculos a alternativa preferida para os habitantes do norte e do oeste de Europa. Ingleses, escoceses, irlandeses e flamencos chegaban en barco ata as costas coruñeses para iniciar unha ruta que comezou a caer no esquezo co avance do protestantismo e cuxa memoria foise perdendo pouco a pouco.

Quizais por iso a día de hoxe sexa un dos itinerario menos masificados.

Discorre por 18 municipios, moitos dos cales viven de costas a el, e foi recuperado en base a documentos, rexistros e escrituras que facian referencia o paso e estancia de viaxeiros. O camiño inglés levaravos por duas localidades chave na historia e a arte de Galicia; Pontedeume e Betanzos, onde atoparedes vestixios de importantes casas nobiliarias e os mellores exemplos do gótico galego.

Esta ruta presenta seis etapas e dous puntos de partida; a Ría de Ferrol e a Ría da Coruña. Ambas as dúas alternativas conflúen en Bruma, unha pequena localidade do concello de Mesía onde, segundo contan as crónicas houbo on hospital para peregrinos.

Ferrol – Pontedeume (27 km)

Pontedeume – Betanzos (19 km)

Betanzos – Bruma (30 km)

A Coruña – Bruma (32 km)

Bruma – Sigüeiro (26 km)

Sigüeiro – Santiago (16 km)

Si realizades este camiño , que combina a partes iguais a idiosincrasia costeira e rural, debedes saber que Ferrol é o único punto de inicio válido para obter a Compostela.

 

Atopa as nosas mellores ofertas para facer o Camiño aquí:

https://galicianroots.com/index.php/gl/pagina/id/28

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *