Cando o Camiño chega o corazón de Galicia: Melide

1 - Melide

Con pouco máis de 7000 habitantes Melide desborda vitalidade. A chegada a este pobo, considerado o centro xeográfico de Galicia, abriravos as portas dunha das rúas repletas de establecementos comerciais de todo tipo e transito continuo de persoas, especialmente nos meses de verán. O dinamismo e unha das características deste lugar, testemuña da fusión do Camiño máis antigo e do máis transitado, e dicir, O primitivo e o Francés, que se dan aquí a man para continuar xuntos polo mesmo recorrido ata chegar á meta final: Santiago de Compostela.

A historia de Melide está estreitamente vinculada o Camiño. Irédela descubrindo en pequenas doses, e sen necesidade de desviarvos moito do voso itinerario, a través dos monumentos que van salpicando a ruta o seu paso por este municipio. Os que cheguedes polo Camiño Francés atoparédesvos a uns 5 quilómetros do casco urbano coa singular aldea do Leboreiro (monte de lebres é o seu significado orixinal), onde antigamente houbo un hospital para peregrinos e a día de hoxe so se conservan dous escudos pertencentes á nobiliaria dos Ulloa. Non deixedes de admirar o peculiar cabaceiro circular feito con varas, un dos elementos máis fotografados do Camiño o seu paso por Melide.

2 - cabazo Leboreiro

Dende alí non tardaredes en chegar a Furelos, unha pequena aldea situada o lado do río que conserva en parte a súa estrutura medieval e que pode presumir de albergar unha das xoias da arquitectura civil do Camiño; unha ponte de catro arcos construído no século XII. Dende el poderedes divisar o casco urbano de Melide, o que chegaredes en menos de quince minutos. Alí recibiravos a capela de San Roque coa súa fermosa portada románica. Observádea durante un par de minutos e logo facede o propio coa imaxe dos billetes de 10€. Son idénticas!! Durante un tempo circulou o rumor de que esta pequena igrexa de Melide era a que aparecía en ditos billetes. Non é certo, pero o que si podemos asegurar sen medo a equivocarnos e que esta capela representa á perfección as características do arte románico. Aínda así, presenta unha singularidade froito da súa vinculación a ruta xacobea; as conchas do peregrino que se esconden na súa portada. Retámosvos a que as atopedes!

Xusto o lado poderedes admirar o cruceiro máis antigo de Galicia, do século XIV. No anverso represéntase un Cristo sedente ensinando as súas chagas e no reverso o calvario. Non obstante, a tradición popular asegura que o autor anónimo desta obra de arte quixo representar a Cristo bailando unha muiñeira, o baile tradicional de Galicia. Vos que opinades?

3 - cruceiro Melide

Si facedes noite en Melide recomendámosvos unha visita á histórica Praza do Convento, onde atoparedes o museo comarcal. A tarde tamén se pode aproveitar con un bo plan gastronómico que inclúa o polbo, do que xa vos falamos, e por suposto a repostaría local. Melide destaca por ter tres doces típicos baseados en receitas tradicionais que se foron transmitindo de xeración en xeración. O máis coñecido e o melindre, o que xa fai 24 anos dedícaselle no mes de maio unha festa declarada de interese turístico dentro de Galicia. Acompáñano o amendoado e o rico. Este último é o máis singular do tres, pois tan só se elabora en Melide e non poderedes atopalo en ningún outro lugar. É especialmente duro, así que tede tino cos vosos dentes!

Melindres y ricos Melide

Sen dúbida, despois de probar todos eses manxares sairedes de Melide cheos de enerxía cara a vosa seguinte parada no Camiño; A localidade de Arzúa. É unha etapa moi cómoda e curta (14km) que o voso corpo agradecerá despois de haber completado xa boa parte do Camiño. De todos xeitos sabede que chegastes a un punto no que a distancia xa non se mide en quilómetros, senón en ilusión ante á inminente chegada a praza do Obradoiro.

Á vosa saída de Melide despediravos a igrexa de Santa María, monumento nacional que conserva un dos poucos altares románicos de Galicia e que alberga no seu interior valiosas pinturas renacentistas. Xa en terras de Arzúa pasaredes pola aldea da Castañeda, onde no seu día estiveron os fornos empregados para a construción da Catedral de Santiago. Pouco despois atoparédesvos con Ribadiso, unha bonita aldea situada nun val que vos recibirá coas súas casas tradicionais de pedra mirando o río, no cal moitos peregrinos danse un mergullo nos meses de verán antes de encarar a parte máis difícil da etapa: 2 quilómetros costa arriba ata chegar a Arzúa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *