Arzúa, onde o Camiño deixa bo sabor de boca

Queso arzua ulloa 2

Terra de bo queixo, destino verde e pórtico de Compostela. Así se define Arzúa, a última poboación con entidade propia pola que pasaredes antes da vosa chegada a Praza do Obradoiro. Faltan só dúas etapas!

A penúltima ten o seu comezo nunha das rúas máis bonitas desta localidade, a do Carme, que vos recibirá co seu pavimento empedrado e flanqueado polos soportais destas casa antigas e ben conservadas. Dende alí teredes por diante 19 km ata chegar o voso próximo destino: Pedrouzo. A etapa é cómoda, con un perfil suave e bastante alcanzable. Xa que non vos esixirá demasiado esforzo físico, invitámosvos a recrearvos coa beleza dun paisaxe tipicamente galego, cos seus vales verdes, extensas leiras de millo en verán e decenas de regatos, moitos dos cales teredes que cruzar. A medida que avancedes, case sempre por pistas ben coidadas de terreo chan sen asfaltar, advertiredes outra das características do rural de Galicia; a sucesión de casas espalladas e  proliferación de bosques de eucaliptos que, lonxe da beleza das carballeiras, sempre vos proporcionaran aire fresco e boa sombra.

A etapa Arzúa-O Pedrouzo é un río constante de peregrinos. Aínda que non resulta molesto, si vos veredes obrigados a renunciar a tranquilidade da que gozastes en outros tramos do Camiño. A proximidade a Compostela e a confluencia de diferentes itinerarios en poboacións anteriores fan que o traxecto poda estar masificado nos meses de verán. Na segunda parte do percorrido  deberedes ser especialmente prudentes, pois teredes que cruzar en varias ocasións a estrada nacional e camiñar en paralelo con ela.

Etapa Melide - Arzua

Á marxe destes pequenos inconvenientes, non teredes ningún tipo de problema para atopar todo tipo de servizos. Tampouco en Arzúa, unha localidade na que nos últimos anos medraron os negocios enfocados a atención do peregrino.

Isto dános unha idea da estreita vinculación entre a ruta xacobea e Arzúa, por onde non so pasa o Camiño Francés si non tamén o Camiño do Norte. De feito, o propio orixe da localidade está en auxe das peregrinacións durante a Idade Media, que fixo nacer en esa  encrucillada de camiños unha aldea bautizada como Vila Nova, segundo recolle o Códice Calixtino.

Arzúa ten incluso a súa propia lenda do peregrino. Conta que a redor do ano 1000 un camiñante que fixera noite na vila para protexerse de salteadores e bandidos acudiu a primeira hora da maña a un forno de pan para pedir un cacho que levarse a boca. A ama da casa despachouno con malos modos e o peregrino probou de novo sorte en outro forno que se atopaba uns pasos máis adiante. Os donos fixérono pasar para quentarse e déronlle un bolo de pan e incluso lle foron buscar algo máis de comida para o peregrino.

Non obstante, o regresar puideron comprobar que o camiñante xa non estaba. Máis tarde, cando chegou a hora de retirar o pan do forno, os donos da primeira panadería viron como todos os bolos se converteran en pedras. Sen embargo os da segunda convertéranse en ouro. Son moitos os que din que era o propio Santiago Apóstolo o que pasaba aquel día por Arzúa…

O que está claro é que o misterioso peregrino descoñecía un dos manxares de Arzúa, polo cal é coñecida en todo Galicia e en boa parte de España: o queixo. As crónicas do século XIX xa destacaban as excelencias deste produto  elaborado artesanalmente con leite de vaca e que no ano 1995 foi recoñecido coa denominación Arzúa-Ulloa. Ten ademais a cualificación de Produto Galego de Calidade. Dende fai 41 anos todos os primeiros domingos do mes de marzo Arzúa celebra unha festa para exaltar este produto, que se converteu en símbolo para localidade. Non tentaremos explicarvos aquí o pracer que supón para os sentidos a degustación deste queixo. Simplemente recomendamos que non abandonedes Arzúa sen telo probado. Estamos convencidos de que o recordo do seu bo sabor acompañaravos ata meta final.

Foto Arzua

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *