Algúns consellos para facer o Camiño de Santiago

DSC_0910

O longo do Camiño encontraredes moitos e bos aliados , pero sen dúbida un dos mellores será a vosa mochila; ese pequeno universo sobre as costas que durante días deberá converterse en toda unha fonte de recursos.

Sabemos que non é sinxelo sacar o máximo partido de un espazo tan pequeno, por iso queremos darvos un par de consellos para que na vosa peregrinación cara Compostela nada teñades que envexar ao mesmo inspector Gadget; sempre con un recurso a man para saír máis que airoso ante calquera imprevisto.

Acabar o camiño con éxito, non obstante, depende tamén dunha correcta elección da ruta. Se ben é certo que non necesitamos ser medallistas olímpicos para chegar a Compostela, non é menos certo que as rutas presentan diferentes niveis de dificultade e que debemos ser conscientes das nosas posibilidades e das nosas limitacións físicas. Si non estamos acostumados a facer deporte, convén darse unhas boas camiñadas nas semanas previas co mesmo calzado e cun peso nas costas similar o que imos levar.

Feito isto, comezaremos a pensar na mochila. Que debemos levar? Só o xusto e necesario. Esa é a nosa máxima. Si emprendemos o camiño no verán, serán suficientes tres ou catro camisolas, un par de pantalóns desmontables e un xersei de abrigo. Non sobra un gorro e, por suposto, tratándose de Galicia e a súa querencia pola chuvia, o chuvasqueiro resulta imprescindible. O calzado debe de ser sempre cómodo. O ideal son unhas botas de sendeirismo flexibles e usadas. Os teus pés agradecerán unhas sandalias ou zapatos deportivos de recambio para o final de cada etapa.

botiquiÌ-n camino

 

Non vos esquezades de engadir unha Caixa de primeiros auxilios! O xusto e necesario inclúe unha caixa de aspirinas, vendaxes para posibles escordaduras, apósitos e material para eliminar e tratar bóchegas. Pensade moito no coidado dos vosos pés, serán sen dúbida os máis castigados…

Ademais do armario e farmacia, a vosa mochila debe converterse tamén na despensa. A alimentación e moi importante a hora de realizar o Camiño. Recomendámosvos facer almorzos completos (non basta co simple café con leite) e prestar especial atención a hidratación. Debedes levar sempre con vós unha botella de auga para ir enchendo e bebendo sen agardar a ter sede. Para combater a calor do verán existen cantimploras-termo que conseguen manter a auga fresca.

Outra das recomendacións pasa por inxerir alimentos sólidos a cada hora, polo que debedes gardar un oco no voso macuto para engadir algunha barriña enerxética, froita ou un mini bocadillo. Para o almorzo e a cena atoparedes infinidade de establecementos nos pobos polos que vaiades pasando. Moitos deles dispoñen do chamado “menú do peregrino”, con prezos reducidos e variedade de pratos para escoller.

Se aínda sobra espazo, aproveitade para meter unha lanterna, unha toalla, a bolsa cos útiles de aseo, pinzas para colgar a roupa…E tamén saco de durmir e a esteira! Demasiado peso para as vosas costas? Poucas cousas para o moito que credes que ides necesitar? Non vos preocupedes; en realidade a mochila xa deixou de ser un problema para o peregrino.

O servizo de transporte está cada vez máis estendido e en Galician Roots e mesmo o paquete máis básico o inclúe. Non deixes que o camiño se converta nunha carga! https://galicianroots.com/index.php/gl/pagina/id/28/paquetes-camino-santiago

DSC_0929

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *