A última parada do Camiño; Pedrouzo

camino-santiago-pedrouzo

Chegastes a Pedrouzo, a porta da entrada a Compostela, a vosa última parada no Camiño e o lugar onde vos invadirá unha mestura de sentimentos difíciles de explicar: a excitación ante a inminente chegada o Obradoiro e a pena por deixar atrás unha experiencia que a estas alturas seguro que xa vos enchería a mochila de vivencias, anécdotas e bos recordos.

A diferencia de outros enclaves da ruta xacobea, Pedrouzo non é unha localidade que destaque pola súa riqueza patrimonial. Inda que no seu entorno abondan igrexas de interese, castros celtas e numerosas casas señoriais ligadas a familias fidalgas, na maioría dos casos necesitaredes un coche para podelas visitar. Máis preto está un bonito exemplo de arquitectura relixiosa; A igrexa de Santa Eulalia de Arca, próxima o casco urbano e a que poderedes chegar facilmente a pé. Esta capela, de estilo neoclásico, esta estreitamente vinculada o Camiño e de feito unha das súas peculiaridades é un rechamante altar de forma de concha de vieira. Conta a historia que esta igrexa foi o punto de partida dunha expedición integrada por 5000 fieis, que en plena guerra de España contra Cuba (a finais do século XIX), iniciaron unha peregrinación a Santiago para pedirlle o apóstolo unha vitoria na batalla. Traxicamente, a noite anterior á partida o templo sufriu un incendio e quedou reducido a cinzas.

iglesia-santa-eulalia-pedrouzo

Realizada esta pequena visita, recomendámosvos entregarvos o descanso e o tempo de ocio, dúas opcións para as que Pedrouzo convertese nun lugar ideal. O abrigo do Camiño de Santiago este pequeno pobo viu abrir decenas de tendas e negocios da hostalería, non vos faltará unha terraza onde tomar tranquilamente un refresco ou un xeado o sol, onde ter unha conversa relaxada ou onde probar as típicas tapas. Será tamén un bo momento para as relacións sociais e quizais para os reencontros, pois son moitos os peregrinos que fan parada nesta localidade, onde as noites de verán presentan un ambiente realmente animado. Atoparedes todo tipo de servizos en esta etapa do Camiño. Unha mostra diso son as 1040 prazas de aloxamento que ofrecen e se distribúen o largo dos 18 quilómetros de Camiño o seu paso polo municipio do Pino, o que pertence Pedrouzo.

Esta localidade brindaravos ademais unha das últimas oportunidades para mergullarvos na gastronomía galega, si é que aínda non o fixestes. Sigue sendo terra de bo queixo, boa carne de tenreira, produtos da horta, augardente e mel. O marxe de to isto, ten un manxar propio: A carne de galo e galiña “Piñeira”, unha raza autóctona introducida polos celtas e característica desta comarca que estivo o borde da extinción ata non fai moitos anos. De pequeno tamaño e fermoso plumaxe, esta ave debe o seu nome a forma rara da súa crista, redondeada e sen picos, que a xente insistiu en comparar co froito do pino; a pina. O galo Piñeiro ten incluso a súa propia festa, que se celebra o primeiro domingo de agosto e pola que pasan cada ano 10.000 persoas.

galo-pineiro

Despois de descansar repletos de enerxía e ilusión estaredes en disposición de completar os 19,5 quilómetros que vos separan da praza do Obradoiro. A etapa ata Santiago transcorrerá, como a anterior, entre prados, bosques de eucaliptos e a inseparable estrada nacional, unha constante nos últimos tramos. No voso percorrido pasaredes por dous lugares icónicos. O primeiro deles atoparédelo transcorridos 9 quilómetros: é Lavacolla, o punto onde os peregrinos, desposuídos das súas sucias vestimentas, mergullaranse no río para lavar todo o corpo e chegar limpos a Santiago. O propio nome de Lavacolla procede do verbo lavar e xa o Códice Calixtino recollía nas súas páxinas esta tradición.

Non tardaredes en chegar a ese outro lugar simbólico onde o estómago se encolle e o belo se eriza: O monte do Gozo, dende o que se pode contemplar o lonxe Santiago e as torres da súa catedral, hoxe en día parcialmente ocultas polas copas das arbores. O seu nome, sobran as explicacións, débese a agradable sensación que enche de espírito do peregrino o divisar dende este montículo a cidade do Apóstolo, cada vez máis próxima. Seis quilómetros exactamente, son os que separan a vosa meta de este enclave, acondicionado no Ano Santo de 1993 como zona residencial para peregrinos e visitantes, incluído un albergue con capacidade para 400 persoas. Dende entón entrou nunha decadencia paulatina, aínda que recentemente aprobouse un plan de actuación integral para renovalo. É por iso que aqueles que fagades o Camiño a partires do 2017 atoparédelo de novo no seu máximo esplendor.

Xa só falta completar o tramo urbano que vos deixará ás portas da catedral. Santiago espéravos, co seu casco histórico Patrimonio da Humanidade e as súas estreitas rúas empedradas cheas de segredos.

ocio-pedrouzo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *